Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Zona Franca aborda un plan estratéxico para o sector hortofrutícola de Tomiño, A Guarda e O Rosal

O delegado do Estado, David Regades, asinou un protocolo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, en Viveiros O Toxal para analizar o sector no Baixo Miño

O delegado do Estado, David Regades, asinou un protocolo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, en Viveiros O Toxal para analizar o sector no Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Noviembre de 2021

Fuente: Zona Franca de Vigo

Zona Franca realizará un plan estratéxico para o sector hortofrutícola do Baixo Miño para contribuir a unha mellora da competitividade dese entorno. Para elo o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, asinou un protocolo coa coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, na empresa O Toxal. O plan será participativo e contará coas opinións e aportacións do sector e axentes da comarca.

 

O delegado do Estado, David Regades, explicou que “un dos ámbitos de actuación do Consorcio é a análise da actividade económica para establecer os mecanismos necesarios para a toma de decisións e a mellora da competitividade do entorno, o crecemento económico e a xeración de emprego e no Baixo Miño o sector hortofrutícola é clave”. Lembrou que “a pandemia acelerou a transición a un novo paradigma económico e social, que creará novas oportunidades”.

 

A alcaldesa de Tomiño expresou que “a realización deste plan estratéxico é unha ferramenta imprescindible para planificar o futuro do agro na comarca. Será unha foto fixa de onde estamos e unha previsión fundamentada de a onde quere chegar o sector agrícola”. 

 

O alcalde de A Guarda asegurou que "o compromiso expresado por Zona Franca con este plan estratéxico para o Baixo Miño servirá para ter a presenza dunha das entidades de referencia do mundo empresarial no noso territorio. Confiamos que consiga  xerar novas oportunidades, dinamizar a economía, crear emprego e fixar poboación".

 

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, destacou o papel do sector como “o noso motor” e subliñou que “esta é a clave para desenvolver o noso tecido empresarial no futuro”.

 

Con estes obxectivos asinouse o protocolo para a elaboración dun plan estratéxico para o sector hortofrutícola, que incluirá un exhaustivo diagnóstico sectorial, os obxectivos estratéxicos e unha folla de ruta con actuacións específicas, claras e realistas para a mellora da competitividade da actividade hortofrutícola que repercuta no desenvolvemento económico da comarca e a calidades de vida dos seus habitantes. No acto da firma tamén estivo presente unha representante da consultora Auren, que inicia xa os estudos para o plan e terá resultados dentro dun ano.

 

O que se busca é directrices para un proxecto a longo prazo, facilitar a transformación e o cambio cara ó futuro, con especial atención á fixación de poboación na comarca, aproveitar as sinerxías e o potencial de internacionalización do sector, baseados no seu carácter transfronteirizo, así como as posibilidades de colaboración público-privada neste eixo,  definir actuacións específicas que supoñan un impulso definitivo para o crecemento e a competitividade do sector hortofrutícola, articular liñas de actuación acordes coa Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e a posta en valor da actividade hortofrutícola da comarca.

 

O plan estratéxico ten sete fases: diagnóstico estratéxico, workshops, estudio de casos de éxito, marcar as liñas estratéxicas para o sector hortofrutícola, plan operativo, propostas de colaboración e instrumentos públicos de axuda e finalmente a monitorización.

Comezará có diagnóstico, unha análise profunda da situación socioeconómica da actividade, que sintetizarase nunha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades). A continuación organizaranse os workshops, reunións de axentes do sector e institucionais en xornadas orientadas a fomentar un proceso participativo e a recompilación de opinións, percepcións e ideas de axentes e entidades público-privadas relevantes sobre a situación actual e os retos futuros.

Tamén se levará a cabo un estudio de casos de éxito que tiveran resultados notábeis a nivel nacional ou internacional e que poidan resultar referentes inspiradores.

 

O plan operativo conterá un desglose detallado, específico e realista de accións, actuacións einstrumentos a implementar e haberá unha folla de ruta para posibles colaboracións no ámbito institucional e empresarial público-privado. Finalmente unha formulación dunha batería de indicadores que faciliten a avaliación e seguimento periódico das accións emprendidas e permita a toma de decisións e establecemento de medidas correctoras.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí