
ESPECIAL - TALL...
ESPECIAL - DESF...
ESPECIAL - CELE...
ESPECIAL - II T...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 23 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 24 A apresentação pública vai decorrer no dia 24 de maio, às 17 horas, no auditório da Biblioteca Municipal de Caminha | 25 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal e das Comédias do Minho | 26 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal e das Comédias do Minho | 27 O evento é unha nova edición da antiga -festa da bicicleta- | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 30 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 31 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | ||||||

Fecha: 18/02/2012
Fuente: Artículos enviados a cartasald
Non entendo, non entendemos por tanto, a súa actuación nestes últimos días en relación coa formación dunha nova Comisión de Festas. ¿ Realmente tivo en algún momento conciencia do que significa organizar as Festas do Monte, ou foi simplemente un novo exer
Carta aberta do expresidente da Comisión de Festas do Monte a Fátima Iglesias ( secretaria da Asociación Atalaya)
Permítame en primeiro lugar que como expresidente das Festas do Monte durante os últimos 11 anos, 12 formando formando parte da Comisión, e en nome das persoas que me acompañararon nesta gratificante tarefa, faga un pequeno repaso do que foi o noso paso pola Comisión de Festas.
Ó longo de moitos anos foron distintas Comisións formadas por cidadáns normais as que se encargaron de levar adiante as nosas festas. Nestes últimos doce anos fomos un grupo de cidadáns tamén normais os que traballamos de xeito silencioso e sen protagonismos persoais tratando de facer unhas festas que estiveran á altura do que o noso pobo se merece.
Cando este grupo de xente decidimos facernos cargo da organización das Festas do Monte no ano 2000 eramos conscientes da responsabilidade que asumiamos, eramos conscientes tamén de que estaríamos suxetos a críticas, pero sobre todo eramos conscientes da importancia e do significado que as Festas do Monte teñen para o noso pobo. Seguro que cometemos erros, tamén acertos; tivemos, como previamos, críticas:unhas fundadas outras pensamos que non; pero en todo momento tiñamos claro o noso obxetivo que non era outro que facelo o mellor posible.
O grupo de xente que eu tiven a honra de presidir, tiña e ten unha afinidade política concreta que de todos é sabido,pero en ningún momento ó longo destes anos iso foi un impedimento para que se fixesen as cousas de xeito natural e sen estrondos, mais ben nos obrigou a ser máis rigorosos e serios se cabe.
Proba desta naturalidade é o feito de que ó longo de todos estes anos contamos coa colaboración incondicional de tódalas asociacións culturais e deportivas do Concello e sentimos o apoio da meirande parte dos cidadáns e do comercio guardés.
Cremos que co traballo de todos, tamén co noso,as Festas do Monte acadaron un lugar importante dentro das Festas de Galicia, son un referente para toda a provincia e especialmente para a Comarca do Baixo Miño e non esquezamos que no ano 2009 logramos que fosen declaradas de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.
Non entendo, non entendemos por tanto, a súa actuación nestes últimos días en relación coa formación dunha nova Comisión de Festas. ¿ Realmente tivo en algún momento conciencia do que significa organizar as Festas do Monte, ou foi simplemente un novo exercicio de protagonismo e frivolidade ós que nos ten tan acostumbrados? ¿ Como é posible?. Vostede rexistra no Concello un escrito que case que viña a esixir que se lle entregase a Comisión de Festas posto que, “contaban con un equipo experimentado y sobradamente capaz” e cando o Concello lle contesta que se dá por enterado de que a asociación que vostede representa (ATALAYA) será a encargada de organizar as Festas do Monte 2012 desexándolle os maiores éxitos e brindándolle toda a colaboración, sorpréndenos vostede rexistrando no Concello outro escrito renunciando a organizalas alegando críticas e supostas ameazas. ¿ É este o compromiso que vostede dicía ter co pobo da Guarda? ¿ Vostede é a que pretendía ter altas responsabilidades neste pobo?
“ És que me criticaron” Tamén a min, a diario, ¿ De que se estraña?,con críticas ten que contar,non esqueza que tanto vostede como eu somos representantes públicos, cunha única diferenza, a súa vocación foi repentina e a miña ven de hai moitos anos. Pero é que ademais non nos enganemos, vostede é unha especialista en criticar e difamar, senón que mo conten a mín.
Se mo permite vou atreverme a darlle un consello, medite vostede sobre a súa traxectoria dende que decidiu dedicarse á política e pregúntese vostede se de verdade ten vocación de servizo público ou mais ben o que buscou sempre foi un protagonismo persoal desmesurado sen importarlle en absoluto o dano que puidera estar causando, incluso a persoas moitas veces cercanas a vostede.
¿É vostede consciente do dano que lle fixo á Festa do Monte? Non esqueza que outro grupo de xente estaba disposto a organizar as Festas e renunciaron debido ó interese desmedido que vostedes mostraron. Nin fago nin deixo.¿A que está xogando? A que a Festa do Monte corra a mesma sorte que a do Santísimo que desapareceu no momento en que vostede se fixo cargo dela.
Non se equivoque, vostede non é a protagonista, a protagonista é a Festa e por tanto o pobo da Guarda. Non xogue vostede co sentimento e as ilusións de boa parte da sociedade guardesa que considera que as Festas do Monte son un patrimonio dos guardeses e que deben ser tratadas como tal, con seriedade e con respeto, en ningún momento poden ser tratadas coa frivolidade que vostede o fixo.
Atte.
Miguel A. Español Otero
Expresidente das Festas do Monte Sta. Tecla
EL RETO DIARIO DE JOSÉ MARÍA - MAYO 2012Pensamientos, ideas, preguntas sin respuesta.... un espacio de actualización diaria a cargo de nuestro colaborador José María[ ampliar noticia ]
CURSOS DE RETOQUE FOTOGRÁFICO E DESEÑO GRÁFICO NA PROGRAMACI...A aula CEMIT do Concello da Guarda presenta os novos cursos de Novas Tecnoloxías que vai impartir durante o mes de xuño no Centro Cultural da Guarda.[ ampliar noticia ]
A GUÍA TURÍSTICA DA MANCOMUNIDADE XA É UNHA REALIDADEA promoción turística conxunta dos concellos do Baixo Miño é unha necesidade que finalmente comeza a dar os primeiros pasos.[ ampliar noticia ]Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]