Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DO I TRAIL CAMIÑOS DO TREGA

Consiste nunha carrera a pé cunha distancia de 15 km que transcorrerá polo Monte Santa Trega e os seus aredores, cun desnivel aproximado de 700m.

Dende o Concello da Guarda dáse moita importancia ao deporte, intentando promocionar a vida saúdable.

Fecha: 11 de Junio de 2014

Fuente: Infomiño.com / Concello A Guar


Hoxe, ás 12.00h, no salón de Plenos do Concello da Guarda tivo lugar a presentación do I TRAIL CAMIÑOS DO TREGA. Actividade que se levará a cabo o domingo 29 de xuño con saída ás 10.00 h da explanada da Sangriña.
Consiste nunha carrera a pé cunha distancia de 15 km que transcorrerá polo Monte Santa Trega e os seus aredores, cun desnivel aproximado de 700m. É un "mini trail", pero que no que se percorrerá os sitios máis emblématicos do Monte e coas mellores vistas.
O alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, non puido estar presente xa que tiña unha reunión en Santiago co Presidente da Cámara de Caminha e co xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, para tratar a problemática do ferri.
Dende o Concello da Guarda dáse moita importancia ao deporte, intentando promocionar a vida saúdable. Por iso, "ésta é unha gran oportunidade para unir a paisaxe e o deporte", destacaba a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez.
O prazo de inscrición está aberto e finalizará o 26 de xuño. Ata o día 22 a cuota é de 10, é dende 0 23 de xuño ata o xoves 26 poderá adquirirse por 12 euros. A inscrición e o pago efectuarase a través da páxina web www.nortsport.es , e inclúe seguro deportivo, avituallamentos e un pequeno regalo. Haberá Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría, 3 primeiros absolutos e 3 primeiros guardeses en categoría masculina e femenina.
O tempo límite para finalizar a proba será de 3 horas, polo que dende o Concello anímase a participar a todo aquel que sexa maior de idade e que estea un pouco en forma, xa que non se necesita ser un gran deportista para participar nesta proba.
Lembrarvos que a recollida de dorsais realizarase no mesmo día en A Sangriña, ata 45 minutos antes do inicio da carreira, e é obrigatorio presentar o DNI.
O Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, destacou a importancia dun Trail que é pequeno en dimensións pero que conta cun gran valor paisaxístico e deportivo. Ademáis, respeta o medio ambiente e o noso entorno. Aproveitou a ocasión para felicitar e agradecer a colaboración de Alberto Pena, Sergio Rodríguez Teixeira, Nort Sport, e outros moitos voluntarios que fixeron posible que se poida levar a cabo esta iniciativa.
Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí