
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 17/02/2012
Fuente: www.xunta.es
Neste exercicio, manterase tamén a contratación anticipada dos integrantes dos GRUMIR que se financian a través desta orde
Así llo trasladou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ao presidente da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), José Manuel Rey, no transcurso da primeira xuntanza institucional que mantiveron hoxe co fin de avaliar temas de interese, tanto para o departamento autonómico como para os concellos galegos.
No que se refire á orde dos plans de cooperación –que será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia-, Mato lembrou que esta convocatoria permite cada ano que os concellos contraten traballadores e traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral.
Outras das
novidades que destacou a conselleira é que se introducirá, por primeira
vez, a obriga de establecer unha vinculación directa entre este programa
e o acceso a un emprego no mercado ordinario de traballo para os
participantes.
Isto quere dicir, segundo precisou a titular do departamento autonómico, que os concellos teñen que comprometerse a procurar a inserción laboral “dun tanto por cento razoable dos traballadores que contraten a través destes programas”. Esta porcentaxe delimitarase en función do número de contratacións que se subvencionen.
Pola súa banda, o presidente da Fegamp valorou positivamente a posta en marcha dun sistema que permita axilizar as contratacións, tanto as referidas aos Grumires como para o resto de áreas de interese para os concellos.
Decreto de servizos sociais comunitarios
Xa
no eido social, a conselleira adiantou que o decreto de servizos
sociais comunitarios será aprobado, previsiblemente, no mes de marzo
unha vez que sexa informado por parte do Consello consultivo que vén de
pedir un mes de prórroga tras rematar o prazo o pasado 6 de febreiro
para enviar o seu ditame.
Segundo explicou a conselleira, esta norma poderá dar resposta a unha das demandas dos alcaldes que, tal e como indicou o presidente da Fegamp, precisan dunha maior celeridade na concesión das liñas de financiamento para os servizos sociais comunitarios (aqueles que prestan os concellos).
Neste sentido,
Mato lembrou que este texto permitirá adiantar parte dos pagamentos no
primeiro cuadrimestre de cada ano, polo que os gobernos municipais terán
maior liquidez. Aspecto, este, valorado por José Manuel Rey quen
subliñou que esta é unha das principais inquedanzas dos rexedores locais
en materia social.
De aí que, co fin de aliviar a situación financeira dos concellos, a partir deste ano o financiamento do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) para persoas dependentes realizarase de xeito trimestral cando antes se realizaba a ano vencido. Para xestionar, tanto as horas deste programa, como o seu financiamento, habilitouse unha plataforma dixital á que xa están adheridas case o 100 por cen dos concellos galegos. Esta ferramenta permite, polo tanto, “unha xestión máis áxil e automatizada”.
O decreto sentará, ademais, as bases para unha “axeitada coordinación operativa entre Administración autonómica, deputacións e concellos; e garantirá claridade, rapidez e liquidez para os concellos”.
En resumo, rematou Mato, ambas actuacións permitirá levar a cabo unha xestión “máis áxil e eficaz” tanto nos programas que buscan a mellora da empregabilidade; como nas axudas na atención ás persoas con dependencia.
Por último, o presidente da Fegamp demandou á conselleira maior liberdade para os concellos á hora de fixar as achegas dos usuarios en determinados servizos municipais co fin de garantir a viabilidade e sostibilidade do sistema.
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]