
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 03/05/2011
Fuente: Infomiño.com
Alberte Alonso Pereira encabeza a lista do BNG de O Rosal
Alberte Alonso Pereira
Son funcionario da Administración de Xustiza
Teño 47 anos
Lugar de nacemento: A Guarda
Lugar de Residencia: O Rosal dende hai 17 anos.
2.- Quen compón a candidatura do seu partido nestas eleccións municipais?
A candidatura do BNG compómola un grupo de homes e mulleres capacitados para asumir calquera responsabilidade no concello, pero sobre todo, persoas comprometidas co Rosal.
Somos Alberte Alonso Pereira; Carlos Villanueva Domínguez; Noemí Baz Rodríguez; Serafin Fernández Portela; Noemí Lomba Rosríguez; Eladio Fernández Portela; Leonor Alfonso Martínez; Moncho Fernández Leal; Mª Teresa Iglesias Pena; Roxelio Fernández Portela; Aida Dantas Fuentes; Beatriz Lorenzo; Isaac Cerqueira Pérez e como suplentes, María Anxos Sobriño Pérez; Eduardo Rivero Estévez; Arximiro Martínez Puentes e Olimpia Alcaraz Ladrero.
3.- En que liña de traballo se basea o seu proxecto de cara ás próximas eleccións?
Nós temos propostas concretas. A creación dun viveiro de empresas vinculado aos sectores produtivos do Rosal; a execución do Polígono Empresarial; o apoio ás empresas que completen o ciclo produtivo na localidade, aos pequenos produtores; a promoción do turismo de calidade ou do comercio local... son algunhas medidas para dinamizar a economía, sobre todo, tendo en conta a situación de crise actual.
Adicar terreos para a promoción de vivendas de promoción pública, co fin de permitir acceder a unha vivenda digna ás persoas con menos recursos, é outro obxectivo do BNG.
Así mesmo, reclamaremos que se restaure o servizo de comadroa no Centro de Saúde así como o servizo de pediatría diario. Nós non calaremos neste tema. Non nos parece xusto que en pleno século XXI se rebaixen os servizos en vez de amplialos.
A humanización da Praza do Calvario, recuperándoa para uso e goce das persoas, pois hoxe está invadida polos coches. E a creación de zonas de aparcamento nas proximidades da praza, tamén son obxectivos e liñas de traballo.
O traballo do BNG busca, polo tanto, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do Rosal. Tratando a todo o mundo por igual. Pero gustaríame aclarar que non é un traballo só de cara ás eleccións, senón como liña de traballo para os próximos catro anos e pensando na veciñanza.
4.- Que expectativas pretenden conseguir nestes comicios electorais?
O BNG preséntase ás eleccións para ganalas. E eu como candidato, aspiro a acadar a alcaldía. Polo tanto pretendemos gobernar O Rosal, porque temos un proxecto de futuro ben definido para este concello e un equipo de persoas con capacidade para asumir esa responsabilidade. E aínda que son consciente da actual correlación de forzas e, polo tanto sei que non é fácil, estou seguro que imos aumentar substancialmente a nosa representación.
5.- Que accións en materia de infraestruturas marcan como prioritarias para o seu Concello? E para o Baixo Miño?
Se falamos de infraestruturas locais, é prioritario executar o Polígono Industrial. Hoxe máis ca nunca. O contexto de crise económica fai necesario buscar alternativas. As empresas precisan de chan onde localizarse e no noso concello agora mesmo non o teñen. Isto significa un problema engadido para calquera emprendedor ou emprendedora que queira levar adiante un proxecto empresarial. E se non hai empresas, non hai traballo. Nós apostamos decididamente por levar adiante o Polígono, e así o demandaremos da Xunta.
En canto ás infraestruturas comarcais, o Polígono Industrial tamén é prioritario, pois realmente non é un polígono estritamente local, senón que abarca a dous concellos da comarca, A Guarda e O Rosal. E despois, claro está, é preciso rematar co Vial de Alta Capacidade, por tres razóns fundamentais. Primeira, mellorar as comunicacións do Rosal e da comarca en xeral. Segunda, para darlle tamén unha boa comunicación ao propio Polígono, que o faga atractivo para as empresas. E terceira, para rematar coas molestias que se lle están causando aos veciños e veciñas nas súas vivendas.
6.- Que políticas sociais e culturais levarán a cabo se gañan as Eleccións Municipais de 2011?
No BNG traballaremos para elaborar un Plan de Integración das persoas con menos recursos. Para manter, en colaboración coas diferentes administracións, o Centro de Información á Muller, así como para garantir recursos e axudas básicas e urxentes ás mulleres maltratadas; ou para colaborar coas diferentes asociacións de axuda a discapacitados da comarca. Consideramos que unha sociedade avanzada non se pode entender sen prestacións que garantan unha vida digna a todos os cidadáns.
No eido cultural, comprometémonos a asinar un convenio de colaboración coa Agrupación Musical do Rosal, e a rematar coa situación de inxustiza á que está sometida por parte do concello. A maior asociación cultural local, debe recibir un trato acorde a súa categoría. Unha das mellores bandas de Galiza que lles dá formación musical a máis de 200 persoas e que conta con imnumerabeis premios... non pode recibir o trato que lle dá o actual alcalde: 18.500 euros este ano, mentres outras bandas de menor categoría reciben 80.000.
E sen excluír a ninguén, apoiaremos todo o asociacionismo cultural do concello nas diferentes actividades que organicen, potenciando actividades nas parroquias e barrios.
7.- Que impresión ten sobre o Concello? Como o definiría brevemente?
Eu definiría O Rosal como un concello con moitos recursos, pero mal xestionado. E polo tanto esa riqueza non repercute nas persoas que o habitan.
Temos de todo: Patrimonio cultural e histórico, un clima envexábel, mar, ríos, dúas serras, a da Groba e a do Argallo, unha terra ben agradecida para a horta, para o viño, xente emprendedora... pero como dicía, todas estas potencialidades están desaproveitadas. Nós queremos polas en valor para xerar riqueza na localidade.
8.- A nivel local, que tipo de medidas se poden levar a cabo desde a corporación municipal de cara a afrontar a actual crise económica?
É fundamental a posta en marcha dun Plan de Desenvolvemento Local que apoie os pequenos produtores e aquelas empresas que realicen todo o ciclo produtivo no Rosal. Tamén, como xa mencionei anteriormente son imprescindíbeis medidas como a posta en marcha dun viveiro de empresas, a dinamización do comercio local, do turismo. Todo isto, unido á execución do Polígono Industrial é básico para afrontar a situación actual de crise.
En todos estes anos de goberno do PP non se realizou nada neste eido. Está absolutamente todo por facer. Nós témolo claro e se o apoio da veciñanza así o decide, levaremos adiante estas propostas.
9.- A nivel persoal, séntese preparado para encabezar o grupo de goberno municipal se o seu partido gaña as eleccións municipais 2011? Que motivos ou aspiracións lle inflúen para presentarse como candidato? Que político ou persoa importante da historia admira ou o inspira?
Respecto á primeira cuestión, si. Estou en condicións de asumir o goberno municipal. Se non o pensara así, non me presentaría, porque sería un fraude ao electorado.
O que máis me motiva para ser candidato é servir os meus veciños e veciñas e traballar en favor das maiorías sociais. Iso tan simple e tan difícil á vez. Porque xa está ben de que sempre se beneficien uns poucos á conta das maiorías.
E personaxes que admiro e me inspiran, citaría a varios, pero quédome con Castelao, Rosalía e Alexandre Bóveda. Son tres exemplos a imitar, adiantados ao seu tempo e totalmente actuais. Comprometidos co noso, coa cultura, co idioma, coa igualdade...
10.- Que lles diría aos seus posibles votantes ou simpatizantes?
Dígolles que apoien o BNG, porque somos a única alternativa ao PP. O éxito do BNG é o fracaso do Partido Popular. Dígolles que miren para os concellos onde goberna o BNG, aquí ao lado, Tomiño ou Salceda. A mellora na calidade de vida é evidente.
Dígolles que aposten polo proxecto de futuro que representa o BNG. Que trataremos por igual a todas as persoas, que pretendemos que o urbanismo prime os intereses xerais e non os privados duns poucos, ou que estamos a favor da retirada do canón da auga.... Que o noso proxecto é alternativo, ilusionante e moderno. Ou ben, que poden seguir cun goberno que basea a súa actuación municipal na improvisación, que utiliza o Plan Xeral para beneficiar os seus amigos, que está en contra da retirada dun canón da auga inxusto para a veciñanza...
Aínda que tamén teñen outra opción. A que representan aqueles que decretaron a conxelación das pensións, unha reforma laboral contra os traballadores e que se xunta cos banqueiros para darlles miles de millóns a fondo perdido...
Eu dígolles, en definitiva, que a única alternativa de esquerdas para parar o PP, é o BNG.
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]