
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 06/05/2011
Fuente: Infomiño.com
J Miguel Giráldez Martínez encabeza a lista de BNG de Oia
1. Datos xerais:
J Miguel Giráldez Martínez
32 anos Viladesuso (Oia)
Responsable de comunicación interna nunha empresa do sector da construción.
2. ¿Quen compón a candidatura do seu partido nestas eleccións municipais?
Debo recoñecer publicamente que para min é un orgullo asumir o compromiso de representar unha candidatura renovada no 50%, sen deixar a ninguén polo camiño e en lios internos. Unha candidatura que combina, o talento da xuventude coa experiencia da veteranía. Unha lista que ademais cumpre plenamente a igualdade de xénero, pois por vocación igualitaria presentamos homes e mulleres na mesma proporción.
Mario Vila (Mougás), Paula Soto (Mougás), Damián Valverde (Pedornes), Lucía F. López (Oia), Juan González (Oia), Xurxo Iglesias (Viladesuso), Fé González (Pedornes), Laura Toba (Pedornes), Daniel Fernández (Oia), Suca Toba (Oia), Estrela Valverde (Pedornes), Alfonso Álvarez Cáccamo (Oia) e Ana Gandón (Viladesuso).
+info: http://miguelgiraldez.info
3. ¿En que liña de traballo se basea o seu proxecto de cara ás próximas eleccións?
Desde hai anos, no BNG temos claras cales son as prioridades do noso concello. A dotación de auga municipal, e en consecuencia a aprobación do PXOM, así como unha xestión urbanística que facilite á mocidade quedar a vivir no noso concello. O saneamento integral para todas as parroquias e barrios, acompañado da construción de dúas estacións depuradoras de verdade, e non decantadoras coma as que hai agora. Apoiar a recuperación e posta en valor do mosteiro, así como de todo o noso patrimonio cultural e paisaxístico.
A día de hoxe, o desgoberno que padecemos fracasou na súa xestión e presenta un balance moi pobre. Tiveron que pasar 8 anos para ver algúns flashes, pero unha vez vistos os brillos da herba artificial, en Oia seguimos sen auga municipal, sen Plan Xeral de Ordenación Municipal. A maioría dos veciños están sen saneamento. Carecemos dun transporte público digno que nos comunique coa comarca do Baixo Miño e coa Area Metropolitana de Vigo. Non temos un centro de saúde definitivo. E aínda por riba presumen da destrución de noso rico patrimonio de petróglifos. Eu pídolle á veciñanza de Oia que a herba lles permita ver o bosque.
As prioridades das nosas liñas de traballo son; auga municipal, saneamento, PXOM , centro de saúde definitivo, transporte público digno e recuperación do noso patrimonio.
4. ¿Que expectativas pretenden conseguir en estes comicios electorais?
O principal obxectivo para o BNG de Oia é conseguir representación municipal, para facilitar información e solucións ás necesidades e problemas de todos os veciños e veciñas, sen discriminacións e sen pedir o carné de militancia política a ninguén.
Ninguén pode negar o meu compromiso con Oia e o equipo do BNG desempeñará un traballo constante e comprometido con Oia, ben sexa na oposición ou gobernando, pero para iso é necesario ter os máximos apoios posibles.
5. ¿Que accións en materia de infraestruturas marcan como prioritarias para o seu Concello? ¿E para o Baixo Miño?
Para o Baixo Miño é prioritario o polígono industrial da Guarda-O Rosal, xa que por proximidade podería afectar positivamente ao emprego local de Oia. Aínda que en Oia tamén sería conveniente crear unha pequena area industrial para evitar desordes urbanísticas Esta área podería ofrecerse a empresas de enerxías renovables para probar novas tecnoloxías en biomasa, xeotermia, fotovoltaica... Tamén sería interesante a creación dun gran parque de ocio nas Orelludas, con pistas polideportivas, piscinas naturais de auga salgada, un parque similar o Parque do Castelinho de Vilanova de Cerveira. Non é admisible que se arruíne máis a paisaxe da nosa costa, temos suficientes ruínas abandonadas que se poderían reutilizar para a instalación da nova piscifactoría.
É necesario manter, arranxar e mellorar todos os camiños e estradas locais, así como mellorar a seguridade vial na estrada PO-552, mediante semáforos que regulen a velocidade.
Non quero esquecerme de algo básico no século XXI, a mellora da cobertura de telefonía móbil de todas as compañías en todos as parroquias e barrios, para que poidamos ter, sen limitacións, todas as ofertas a disposición dos veciños.
Ideas temos abondo e a única promesa que podo facer é a de traballar por Oia con moita ilusión e poñendo nese obxectivo todo o meu empeño. Nesta entrevista, podería prometer moitas cousas como fai Leandro nos seus programas de revista e DVD's de ciencia-ficción, pero a nosa premisa é non enganar os nosos veciños e veciñas.
6. ¿Que políticas sociais e culturais levarán a cabo se gañan as Eleccións Municipais de 2011?
Desde o Goberno do Estado equivocáronse cando fomentaron e promoveron a burbulla inmobiliaria, facendo un "monocultivo do ladrillo" e para empeoralo estanse equivocando agora, outra vez, pasándolle a factura da crise aos máis débiles; recortando pensións, aumentando anos de cotización, aumentando impostos indirectos, etc. Mais axudan ós poderosos bancos, inxectándolle cartos públicos. Con este contexto, os concellos pequenos, como o de Oia, están moi limitados para desenvolver políticas sociais pero desde o BNG consideramos que hai dous colectivos prioritarios sobre os que hai que actuar: as vítimas da violencia de xénero e as persoas con algún tipo de discapacidade, os que habería que axudar buscando a colaboración doutras administracións e apoiando ás asociacións comarcais que axudan a estes dous colectivos. Desde o concello tamén ofreceremos alternativas de formación continua e asesoramento laboral.
No referido ás políticas culturais, comezaremos por crear na web do concello un rexistro público de todas as asociacións que existen en Oia, onde se informe das subvencións e axudas que reciben e das actividades que realizan. A partir de aí, e en colaboración con elas, elaboraremos un plan cultural que contemple actividades culturais estables ao longo do ano nas casas de cultura das parroquias do concello. En temas deportivos, elaboraremos un plan para aproveitar o potencial que ten Oia para os deportes alternativos, surf, rafting, parapente, trekking. Todo isto, coidando ademais do deporte de base maioritario, o fútbol.
8. ¿Que impresión ten sobre o Concello? ¿Como o definiría brevemente?
Oia ten que ter esperanza no futuro. O Concello de Oia ten mar e monte, un mosteiro único en Europa, petróglifos, os curros, as pozas, o faro de Cabo Silleiro, unha paisaxe e unhas vistas sobre o Atlántico que están entre as mellores de Galiza.
Ten unha riqueza paisaxística impresionante é unha natureza que a fai única. En Oia aínda se poden apreciar camiños romanos, antigos muíños, zonas de bosque e de costa, óense cantar os paxariños e podemos adormecer co son do mar... en fin, un paraíso para perderse!
Tendo estes recursos e tanto potencial, algo se ten que estar facendo mal desde o goberno municipal, para estar na situación de atraso que temos con respecto os concellos veciños.
9. A nivel local, ¿Que tipo de medidas se poden levar a cabo desde a corporación municipal de cara a afrontar a actual crise económica?
No ámbito local, a crise está aumentada por unha mala xestión do actual goberno municipal, polo que pediriamos unha auditoría económico-financeira, para informar os veciños e veciñas da situación actual.
En respostas anteriores xa fun adiantando algunhas medidas, con todo, as medidas que pretendemos levar a cabo son aquelas relacionadas co apoio ás iniciativas locais de emprego, sobre todo aquelas relacionadas coa mocidade, a integración da muller no mercado laboral e as que aproveiten os recursos naturais. En relación con estes últimos, o BNG potenciará os espazos naturais e culturais para fomentar un turismo de calidade e non agresivo co medio ambiente.
Cremos, por poñer un exemplo, que unha plantación de kiwis é compatible coa conservación e posta en valor de restos arqueolóxicos. Temos que conservar o pasado para avanzar cara ao futuro; destruír o pasado non nos axuda a construír un futuro mellor.
10. A nivel persoal, ¿Séntese preparado para encabezar o grupo de goberno municipal se o seu partido gaña as eleccións municipais 2011? ¿Que motivos ou aspiracións lle inflúen para presentarse como candidato/a? ¿Que político ou persoa importante da historia admira o o inspira?
No referido á primeira cuestión, tanto por formación académica como por experiencia profesional, considero que estou en condicións de asumir a alcaldía, sobre todo porque non me atopo só neste camiño senón que conto cun equipo de persoas detrás, que son as que me apoiaron e respaldaron para encabezar esta candidatura. Esta é unha das miñas principais motivacións, traballar cun grupo de xente coa que comparto un mesmo proxecto e as mesmas ganas de levalo a cabo.
En xeral, admiro as ideas positivas e o empuxe que algunhas persoas teñen, para levar a cabo pequenos proxectos que acaban movendo o mundo.
11. ¿Que lle diría ós seus posibles votantes ou simpatizantes?
A min gústame escoitar a todos os veciños e veciñas. Teño falado recentemente con simpatizantes do PP que son conscientes de que o Concello de Oia está estancado e mesmo recoñecen que a situación é moi mala. Que algo se esta facendo mal. Eu aproveito para dicirlles, que hai alternativa. Que o BNG é alternativa de goberno de confianza.
Tamén teño que dicir, que o noso proxecto político está enfocado á mellorar a imaxe de Oia no exterior. Lamentablemente Leandro dá unha imaxe retrógrada e moi negativa do noso concello, algún periodista xa o ten cualificado como o "alcalde cavernícola".
Eu quero dar unha imaxe atractiva do noso municipio e transformar Oia nun concello moderno, que contemos cos mesmos servizos que ten os outros concellos, que poña en valor a nosa riqueza natural e o noso patrimonio histórico, pero sen destruír nada do que nos deixaron os noso devanceiros, como xa comentei.
Sempre digo que, máis que un cambio o que Oia necesita é un recambio e para iso é necesario que formemos parte da corporación municipal. O BNG ofrece outra idea alternativa da política municipal, e a partir do 22 de maio queremos volver dar cumprida conta, desde dentro, de todo o que suceda na vida política da corporación. Os nosos simpatizantes digolles que espallen a mensaxe do BNG de Oia. Con moita ilusión, traballo e compromiso temos a esperanza dun mellor futuro.
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]