
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 19/05/2011
Fuente: BNG - TUI
Máis dun cento de persoas se achegaron na tarde de onte a darnos o seu apoio, o seu alento, a súa forza para afrontar o cambio que Tui necesita.
Máis dun cento de persoas se achegaron na tarde de onte a darnos o seu apoio, o seu alento, a súa forza para afrontar o cambio que Tui necesita. Porque nós presentámonos a estas eleccións coa firme vontade de liderar o goberno do cambio desta magnifica cidade chamada Tui e percorrer xunto a vos os camiños que nos leven a acadar un futuro de benestar para todos e todas.
Se a cidadanía de Tui me concede a inmensa honra de ser lider deste cambio, coa extraordinaria equipa que me acompaña, enfiaremos a politica municipal cara aos rumbos que nos temos marcado. O rumbo que nos levará ao camiño da creación de emprego e riqueza, da potenciación dos servizos públicos e da dotación das infraestruturas que Tui necesita.
Somos conscientes de que os tempos son dificiles. Pero temos unha candidatura de xente experimentada e capacitada para sortear as dificultades, para afrontar novos retos e para apostar por políticas innovadoras e transformadoras. Políticas que funcionan, como xa temos demostrado alí onde gobernamos. Aí tendes, por exemplo, Tomiño ou Salceda de Caselas , ambas as duas vilas dinamizadas e modernizadas polo BNG, vilas amables e acolledoras onde vivir e traballar. A próxima ten que ser Tui!.
O goberno do BNG apostará polo emprego e as politicas sociais, porque temos dereito a vivir aquí do noso traballo, programaremos escolas obradoiro, promoveremos a reactivación do pequeno e mediano comercio, mellorando as infraestructuras turisticas e levando a cabo unha politica de promoción do turismo con todas as súas potencialidades, entre elas o casco vello, a beira do rio Miño ou o Monte Aloa.
Demandaremos a conexión do polígono de Areas coa futura vía de alta capacidade Tui-A Guarda para potenciar a nosa industria.
Crearemos, con carácter de urxencia, un aparcadoiro subterráneo e unha liña de transporte público eficaz que comunique a cidade coas parroquias co obxecto de que a Tui sexa mais cómodo e de que se reactive a súa economía. Neste sentido tamén será necesario a aplicación dun Plan de Tráfico que facilite a accesibilidade e mobilidade en Tui.
Loitaremos pola urxente construción do novo Centro de Saúde, moderno e público, con maior cobertura sanitaria en diversas especialidades e, en particular, en pediatría
Demandaremos a creación dunha escola infantil, integrada na rede pública, e impulsaremos a creación dun centro de día.
O BNG ocuparase do mantemento de todos os centros educativos de Tui así como do do Conservatorio, en permanente comunicación e consenso coas diferentes ANPAS dos Centros; tendo especial atención coa seguridade na contorna educativa.
Impulsarase a creación de comedores escolares e servizos de atención aos nenos e nenas a primeira hora da mañá para promover a conciliación da vida familiar e laboral.
Neste momento está en xogo o futuro de Tui . O noso futuro. Podemos optar por máis do mesmo ou por dar un xiro de timón e enfiar novos rumbos que nos levarán aos caladoiros da creación de emprego e riqueza, da potenciación dos servizos públicos, e da dotación das infraestruturas que Tui necesita.
En definitiva,afrontar politicas de benestar para todos e todas. Actuacións que nos permitiran vivir, traballar e disfrutar con dignidade na nosa cidade.
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]