Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A E.E.I. A Gándara pide a colaboración do Concello da Guarda para garantir a súa continuidade

Animaron aos pais e nais a seguir apoiando na campaña de promoción da única escola unitaria da vila para manter o número de alumnos necesarios para evitar o seu peche.

Animaron aos pais e nais a seguir apoiando na campaña de promoción da única escola unitaria da vila para manter o número de alumnos necesarios para evitar o seu peche.

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este venres 10 de febreiro pola mañá, representantes das nais e pais dos alumnos da Escola Unitaria (E.E.I) da Gándara acudiron ao edificio do concello da Guarda, onde mantiveron unha reunión co alcalde, Antonio Lomba, e a concelleira de Educación, Elena Baz.

A Escola Unitaria da Gándara, onde se imparten clases de educación infantil a nenos e nenas de 3 a 5 anos, conta nestes momentos con 9 alumnos e alumnas. As nais que acudiron á reunión recordaron que hai prazas dispoñibles para que se inscriban nenos e nenas da Gándara e tamén de Salcidos e amosaron o seu desexo de que a Escola e os rapaces e rapazas teñan unha maior presenza e participación na vida cultural da vila, o que foi moi ben recibido tanto polo alcalde como pola concelleira.

Deste xeito, dende o concello mostraron o seu apoio á labor desta escola, xa que as Escolas Unitarias teñen un gran valor e importancia na educación de moitos cativos, en especial no medio rural. Ademais animaron aos pais e nais a seguir apoiando na campaña de promoción da única escola unitaria da vila para manter o número de alumnos necesarios para evitar o seu peche.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones