Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle esta semana a inauguración de dúas exposicións: -Exfimiño 2016- e -Escenarios da Prehistoria-

Exfimiño 2016 na Casa dos Alonso e Escenarios da Prehistoria no Centro Cultural de A Guarda

Exfimiño 2016 na Casa dos Alonso e Escenarios da Prehistoria no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 12 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda acollerá esta semana a inauguración de dúas destacadas exposicións: a de "Exfimiño 2016" e a da mostra "Escenarios da Prehistoria".

O mércores 12 de outubro, ás 18:00 horas inaugurase a Exposición Filatélica "Exfimiño 2016" na Casa dos Alonsos. Esta mostra, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática xa pode visitarse na planta baixa da Casa dos Alonsos ata o 16 de outubro con entrada libre. O horario pola mañá é de 11 a 14 horas, e pola tarde de 17 a 20h.

Trátase da XX edición da mostra EXFIMIÑO adicada ao coleccionismo na que se poderán ver as tradicionais mostras de filatelia. Como nas anteriores edicións, adícase o evento a un personaxe local destacado. Neste ano será Alfonso Martínez Peniza, primeiro vicepresidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa.

Por outro banda, o vindeiro venres 14 de outubro terá lugar a inauguración da exposición fotográfica "Escenarios da Prehistoria" no Centro Cultural da Guarda, ás 20.30 horas. Chega así ó concello da Guarda, tras estar en Marín, Mos e Cuntis, unha mostra organizada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e enmarcada dentro da programación cultural do Ano Castelao.

Esta iniciativa xorde coa idea de percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña. Ademais, tamén busca reflexar a preocupación que Castelao sempre mostrou polo noso patrimonio arqueolóxico e artístico. A mostra estará aberta ó público dende o venres 14 ata o luns 31 de outubro no Centro Cultural da Guarda. O horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones