Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda celebra a fin de semana de Samaín cunha nova cita dos Contos Contados e con Cinema

Dende o Concello da Guarda anímase a todos a celebrar no Centro Cultural o Samaín

Dende o Concello da Guarda anímase a todos a celebrar no Centro Cultural o Samaín

Fecha: 29 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Achégase unha desas datas destacadas do calendario: o Samaín. E para celebralo dende o Concello da Guarda ofrécese unha ampla variedade de actividades para toda a familia.

O centro Cultural será o lugar elixido para amenizar esta fin de semana tan especial. Durante estes días os guardeses e as guardesas teñen dúas citas co cinema. O venres, ás 21,30 horas, proxectarase o film de medo "La Cumbre Escarlata", dirixido ao público xuvenil e adulto. Para os máis cativos da casa o sábado, ás 17,30 horas, hai unha sesión de cine familiar e infantil coa recoñecida película "El Libro de la Vida".

Por outra banda, tras retomar o pasado sábado os Contos Contados coa presentación de Heraldo, a recentemente elixida como mascota da Biblioteca, este sábado volvemos coa segunda data dos Contos Contados na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Nesta ocasión a actividade estará adicada á Samaín, polo que os conta contos incluirán historias de medo e tamén realizaranse outras actividades como manualidades e pintacaras.

Ademais, ata o luns 31 de outubro pode visitarse a exposición "Escenarios da Prehistoria no Centro Cultural. Esta é unha mostra de 37 fotografías de Federico de la Peña, acompañadas de ilustracións e paneis explicativos que fan un percorrido polas mámoas, castros e petroglifos máis singulares da provincia de Pontevedra. Está aberta, de luns a venres, das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; e os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas.


Dende o Concello da Guarda anímase a todos a celebrar no Centro Cultural o Samaín, acudindo ás diferentes propostas de ocio dirixidas aos diversos públicos e, se o desexan, que veñan disfrazados ó cinema e ós Contos Contados para pasar xuntos unha fin de semana terrorificamente divertida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí