Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda da a benvida ao mes de setembro esta fin de semana coas Festas da Guía e o ciclo -Camposancos de Cine-

Esta primeira fin de semana do mes de setembro ven marcada, na Guarda, pola celebración das Festas da Guía no barrio de Ribadavila

Esta primeira fin de semana do mes de setembro ven marcada, na Guarda, pola celebración das Festas da Guía no barrio de Ribadavila

Fecha: 03 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Esta primeira fin de semana do mes de setembro ven marcada, na Guarda, pola celebración das Festas da Guía no barrio de Ribadavila. Esta festa organizada pola Comisión de Festas Virxe da Guía traerá ao pobo, dende o xoves día 1 de setembro ata o domingo día 4, diversas actividades culturais, deportivas e de lecer.

O xoves, 1 de setembro, celébrase unha xornada adicada á xuventude na Praza Avelino Vicente a partir das 20 horas. Neste evento os máis cativos quedarán cautivados pola maxia da actuación do Mago Marco. Pero ademais haberá moita música, coa Banda Xuvenil de Mougás, a Coral polifónica da Guarda e o concerto do grupo Pretty Shirts.

O venres día 2, pola noitiña, ofrecerá un concerto o grupo Batemento, que irá seguido polas actuacións das orquestras Los Estelares, Ícaro e Santos Morcegos.

Ó día seguinte, o sábado 3 de setembro, da comezo o primeiro Ciclo de Cine "Camposancos de Cine". Este acollerá a estrea de 3 películas feitas por directores, actores e veciños do pobo relacionados co mundo audiovisual en tres datas ao longo do mes de setembro. A primeira será a proxección o día 3, ó aire libre na Praza de San Amaro ás 21,30 horas, da curta de Nani Matos Lurna.

Tamén o sábado terá lugar o VII Torneo de Cachiza da Gándara na rúa das Pozas ás 16 horas. E nas Festas da Guía a noite do sábado estará amenizada polo concerto de Mayor Tom. Despois tomarán o relevo, para completar a velada, a orquestra Los Duendes e Dumore & Christian.

No derradeiro día da fin de semana e das Festas da Guía, o domingo día 4, celebrarase ás 11 horas da mañá a misa, seguida da procesión co Grupo de Gaitas da 3ª Idade e Refaixos e Polainas. Xa pola tarde, ás 17 horas, terán lugar as tradicionais poxas. E como colofón haberá á medianoite unha gran tirada de fogos de artificio e un espectáculo de Flyboard no Porto da Guarda.


Invítase a todos os veciños, veciñas e turistas a desfrutar da Guarda, da súa variada axenda cultural e dunha das súas festas nesta primeira fin de semana do mes de setembro.

Da comezo este sábado 3 de setembro o primeiro Ciclo de Cine "Camposancos de Cine"


A Comunidade de Montes de Camposancos, a asociación Os Amigos e a Entidade Local Menor de Camposancos están a unir forzas para impulsar a actividade cultural. Con este obxectivo se creou o primeiro Ciclo de Cine "Camposancos de Cine", que conta coa colaboración do Concello da Guarda e que dará comezo este sábado día 3 de setembro.

A través desta iniciativa se estrearán 3 películas en tres datas ao longo do mes de setembro. Os filmes forman un ciclo de cinema feito por directores, actores e veciños do pobo e da comarca relacionados co mundo audiovisual.

Na primeira das datas, este sábado 3 de setembro, proxectarase ó aire libre, na Praza de San Amaro ás 21:30 horas, a curta de Nani Matos Lurna.

A segunda cita deste primeiro Ciclo de Cine terá lugar o 10 de setembro. Nesta ocasión todos aqueles que acudan asistirán á estrea mundial do documental de Estefanía Alonso 15 pesetas por Frete no Casino de Camposancos ás 21 horas.

Para rematar o ciclo, o sábado 17 de setembro proxectarase na Casa de Montes de Camposancos, ás 21 horas, a curtametraxe Jaenette, de Xurxo Chirro.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí