Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-A leituga-, da compañía Emedous, estará este venres en Tui

O venres 5 inicia a programación deste último trimestre en Tui (Área Panorámica, ás 21:30)

A obra estará esta fin de semana en Pontevedra (xoves 4), Tui (venres 5) e Vimianzo (sábado 6)

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tui

A organización de MADferia, a Feria de Artes Escénicas de Madrid, vén de facer público un avance coa programación da súa próxima edición, na que se desvela que a produtora Emedous estará presente no encontro madrileño o próximo mes de xaneiro de 2019 co espectáculo A leituga.
MADferia é unha feira de artes escénicas que se celebra anualmente en Madrid en xaneiro dende o ano 2004, sendo o seu obxectivo principal impulsar, dinamizar e xerar mercado no ámbito das artes escénicas. MADferia combina a exhibición das últimas creacións de artes escénicas do Estado español con actividades orientadas á reflexión e ao encontro entre os profesionais do sector. Nos últimos anos, consolidouse como un dos encontros máis relevantes do sector.
MADferia está organizada por ARTEMAD (Asociación de Empresas Productoras de Artes Escénicas de Madrid) e está asociada a COFAE (Coordinadora de Ferias y Artes Escénicas del Estado español).
Emedous é unha empresa dedicada á distribución e produción de espectáculos de artes escénicas que leva traballando como produtora galega dende o ano 2001, mantendo sempre un dos seus principios fundacionais: pensar como e para o público. Emedous aposta dende os seus incios por producións dirixidas a un abano amplo de públicos mantendo sempre unha esixencia alta na calidade final dos espectáculos. Entre os espectáculos que máis éxito acadaron de entre a súa produción, pódense citar Sexo, por que non?, O florido pénsil, Meu ben, O crédito, Jim e a illa do tesouro, Voaxa e carmín ou Get Back.
A leituga, a súa última produción, é unha comedia dramática que aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? A montaxe dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por un elenco de luxo -Antonio Durán Morris, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez- achéganos unha reflexión teatral ao respecto dos coidados e as relacións familiares a través de cinco personaxes que se han mover entre a esperanza e a aceptación, o sacrificio e a culpa, o afecto e o rancor.
A relevancia dos temas nos que afonda A leituga (a dignidade humana, o dereito á vida e o dereito á morte, as lealdades familiares) combínase cun enfoque de comedia que dá á obra un equilibrio sutil e delicado. "Nunha primeira lectura parece unha comedia lixeira", confesa Xosé Barato, "pero canto máis rascas máis ves a profundidade das almas dos personaxes". Antonio Durán Morris tamén subliña a humanidade dos roles que interpretan, lonxe da caricatura: "Víctor lévanos máis aló da comedia superficial, penetrando moito nos personaxes". Así, a obra busca o xogo entre a identificación e a distancia con esas personaxes realistas por parte do público. Tal e como indica Mercedes Castro, que produce a obra ademais de ser unha das integrantes do elenco, "na interpretación, dende dentro vives un drama porque a situación o é, pero dende fóra pode verse doutra maneira". Federico Pérez resume o proceso retranqueiramente: "nós cremos que vai ser comedia".
En definitiva, A leituga transita por ese camiño do medio entre a comedia e o drama, o que levará a espectadoras e espectadores a observar entre o riso e a reflexión as consecuencias do reparto dos coidados nas fráxiles costuras dos afectos familiares entre pais e fillos, parellas e irmáns.

Fin de semana
Seguindo coa xira de outono que iniciou a semana pasada no Barco de Valdeorras, A leituga poderá verse este fin de semana en tres prazas galegas. O xoves 4 de outubro en Pontevedra (Teatro Principal, ás 21:00), A leituga abre a edición desta tempada do ciclo Ponteatro. O venres 5 inicia a programación deste último trimestre en Tui (Área Panorámica, ás 21:30). E o sábado 6 abre tamén o programa de artes escénicas do Concello de Vimianzo (Casa da Cultura ás 21:00).


A xira continuará posteriormente por Vilagarcía de Arousa (13 de outubro), Vigo (19 e 20 de outubro), Outes (27 de outubro), Viveiro (3 de novembro) e As Pontes (16 de novembro).

Sinopse

Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde fai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai entre Virxinia e os seus irmáns Vinicio (Xosé Barato), Víctor (Federico Pérez) e a muller deste último, Dora (María Vázquez).

Datas

Pontevedra: Teatro Principal, 4 de outubro ás 21:00.
Tui: Teatro Municipal Área Panorámica, 5 de outubro ás 21:30.
Vimianzo: Teatro Municipal Casa da Cultura, 6 de outubro ás 21:00.
Vilagarcía de Arousa: Auditorio Municipa, 13 de outubro ás 21:00.
Vigo: Auditorio Municipal, 19 e 20 de outubro ás 21:00.
Outes: Casa da Cultura, 27 de outubro ás 20:00.
Viveiro: Teatro Pastor Díaz, 3 de novembro ás 20:30.
As Pontes: Auditorio Municipal Cine Alovi, 16 de novembro ás 21:00.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones