Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Aconséllase o consumo responsable de auga ante a escaseza de chuvias

Os baixos caudais dos ríos para esta época do ano fai que a Confederación aconselle aos concellos, como o da Guarda, que leven a cabo actuacións como o aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios

Os baixos caudais dos ríos para esta época do ano fai que a Confederación aconselle aos concellos, como o da Guarda, que leven a cabo actuacións como o aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios

Fecha: 21 de Enero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Por mor da falta de chuvias dos últimos meses, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil ven de comunicar ao concello da Guarda a recomendación da adopción dun conxunto de medidas, antes de levar a cabo as establecidas no Plan Especial de Actuación en Situacións de Alerta Eventual de Sequía.

Aínda que a situación das reservas non pon en risco o abastecemento dos principais sistemas, os baixos caudais dos ríos para esta época do ano fai que a Confederación aconselle aos concellos, como o da Guarda, que leven a cabo actuacións como o aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios (rego de xardíns e baldeo de rúas), a redución da presión nocturna en redes urbanas ou o reforzo dos controis da auga captada para o abastecemento, que pode ver reducida a súa calidade debido aos baixos caudais existentes.

Dende a concellería de Servizos e Medio Ambiente da Guarda recoméndase, por tanto, un consumo de auga responsable e espérase que estas medidas nos concellos, xunto ás que levará a cabo a Oficina Técnica de Sequía, constituída pola Confederación recentemente tal e como se recollía no Plan antes citado, logren unha maior seguridade do sistema de abastecemento e axuden a manter as condicións mínimas do ecosistema fluvial mentres non chegan as precipitacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí