Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-África, soños e mentiras: Exposición de fotografía no Concello da Guarda, da man do fondo galego de cooperación

As fotografías amosan as historias dos soños e as mentiras sobre un continente, África, onde o 40% da súa poboación é menor de idade.

As fotografías amosan as historias dos soños e as mentiras sobre un continente, África, onde o 40% da súa poboación é menor de idade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A exposición fotográfica "África, soños e mentiras" presenta a mirada e o contacto de Gabriel Tizón, fotógrafo ferrolán con amplo percorrido internacional con África, tras máis dunha década de viaxes por diferentes países do continente e, especificamente, con Guinea Bissau.

A mostra forma parte do proxecto "Causas Comúns", que nace como ferramenta de información e sensibilización, a través da fotografía como idioma común, tanto de cara ao pobo galego como ao de Guinea Bissau, sobre o evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa, en particular en aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza, entre outros.

Porén, "Causas Comúns" é unha ponte entre Bissau e Galicia, un diálogo sincero e horizontal, sen disfraces, que denuncia os graves abusos de Dereitos Humanos no contexto europeo e africano. Fala tamén da interdependencia entre as distintas zonas do planeta, da débeda externa ao cambio climático, da pobreza enerxética á desnutrición infantil ou aos efectos das patentes farmacéuticas.

As fotografías amosan as historias dos soños e as mentiras sobre un continente, África, onde o 40% da súa poboación é menor de idade. Esta exposición narra, por tanto, o encontro coas persoas, cos líderes e lideresas comunitarias e coas heroínas e heroes anónimos.
A exposición poderase visitar dende o 5 ata o 28 de xullo no concello da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí