Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ampliado o prazo de inscrición para o curso -Brincadeiras de sempre- ata o 15 de decembro

Amplíase ata o vindeiro xoves día 15 de decembro

Ampliado o prazo de inscrición para o curso -Brincadeiras de sempre- ata o 15 de decembro

Fecha: 12 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Amplíase ata o vindeiro xoves día 15 de decembro o prazo de inscrición para o curso "Brincadeiras de sempre", que se impartirá a finais de decembro na Guarda a través da acción da Deputación Tecendo lazos.

O programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre cos que se pretende crear espazos para o encontro entre diferentes xeracións poboacionais.

En concreto o curso "Brincadeiras de sempre", que se impartirá na Guarda, busca que a través da construción de xoguetes tradicionais cos que se xogaba noutrora, pequenos e maiores interactúen e creen eses espazos comúns. Ademais, á súa vez, os pequenos terán a oportunidade de amosar aos seus familiares os xoguetes e xogos actuais.

O curso comezará o 21 de decembro e se desenvolverá ata o día 28 polas tardes de 17 a 19'30 horas no Sinde Vello. Terá unha duración total de 16 horas e nel poden participar todas as persoas que o desexen, de todas as idades. Terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións: avós/avoas e netos e netas; pais/nais e fillos/as, etc. Os nenos e nenas de entre 13 e 17 anos que queiran acudir sós deben achegar o consentimento da nai/pai ou titor/a. No caso dos menores de 13 anos, só poderán asistir se van acompañados dun titor.

As inscricións se realizarán a través dunha solicitude que poden recoller na OMIX e que deberán achegar xunto cunha fotocopia do DNI e o xustificante de empadroamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones