Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As alfombras florais e San Xoán centran a programación da fin de semana na Guarda

Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras floras, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades.

Fecha: 22 de Junio de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras floras, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades.

Programación por días

VENRES 21:
Na xornada deste venres Cruz Vermella organiza unha obra de teatro que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Neste caso a Compañía «Os Mellores do ghrupo» de Oia representa a obra «O Veleno, ¿Só ou con leite?».

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 22:

A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o verán e o remate do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado día 22 de xuño ás 11:30h da mañá.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Este sábado celebrase tamén as Festas de San Xoán na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.

DOMINGO 23:

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda, ás 12:30 a Igrexa de Santa María acolle a Misa Solemne e a partires das 13:00h sairá a procesión que percorrerá as 10 rúas que se engalan de flores para esta ocasión coas Alfombras Florais. Dende a "Asociación Cultural Alfombras da Guarda", convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas dende a noitiña do sábado.

Para rematar esta fin de semana a Asociación Veciñal das Parroquias da Guarda organiza unha gran Fogueira de San Xoán no Antigo Estadio do Tecla, con cantina con oferta gastronómica a prezos populares, amenización a cargo de grupos de gaita e baile da zona a partires das 20:00h e ás 22:00h prendido da fogueira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones