Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As festas de San Roque e o Concerto de verán de acordeóns Mascarenhas danse cita esta vindeira fin de semana na Guarda

Dende o venres día 19 e ata o domingo 21 de agosto, o barrio de Salcidos acolle as Festas na honra de San Roque.

Dende o venres día 19 e ata o domingo 21 de agosto, o barrio de Salcidos acolle as Festas na honra de San Roque.

Fecha: 20 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Con moita mágoa, os guardeses e as guardesas despediron esta semana, o pasado luns día 15 de agosto, as Festas do Monte ata o próximo ano. Pero a festa, o entretemento e a troula non paran na Guarda.

Dende o venres día 19 e ata o domingo 21 de agosto, o barrio de Salcidos acolle as Festas na honra de San Roque. A celebración comeza o venres cunha churrascada e a Noite DJ a partir das 20 horas.

O sábado a celebración contará cos pasarrúas que percorrerán as rúas do pobo. Á noitiña a Gran Verbena das Festas de San Roque terá como actuacións estelares á orquestra Olympus e a Amazonas.

O domingo ás 11 horas será a presentación da Banda de Música de Redondela na praza do Coruto. E a continuación, ás 12 horas, ofrecese a misa solemne tras a cal a Banda dará un concerto. Pola tarde, haberá as tradicionais poxas, seguidas da actuación dun grupo musical.

Ademais, tamén esta fin de semana poderase desfrutar na Guarda do concerto de verán de acordeóns Mascarenhas. Este evento, organizado pola Asociación Cultural Mascarenhas en colaboración co Concello da Guarda, terá lugar o sábado día 20 ás 20 horas no Centro Cultural. Contará coa participación do Grupo Mascarenhas e do Grupo Lembranzas do Rosal.

Como se pode comprobar, aínda que remataran as festas máis recoñecidas da Guarda, a vila segue a ter moito que ofrecer. A oferta cultural e de lecer continuará coa súa ampla variedade para que os visitantes, así como os guardesas e guardeses podan desfrutar ó máximo da vila e do que queda do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones