Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa aberto ata o 19 de agosto o prazo para inscribirse no curso de funky da Guarda, dentro do programa Depo RúARTE

O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro venres 19 de agosto e poderán facelo no Rexistro do Concello da Guarda de 8 a 14 horas

Todos os que desexen anotarse a esta actividade terán como prazo de inscrición ata o 19 de agosto no Rexistro do Concello da Guarda

Fecha: 17 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Tras a boa acollida do primeiro curso celebrado na Guarda dentro do programa Depo RúARTE da Deputación de Pontevedra, un curso de graffiti que remata o luns 8 de agosto, ofrecerase na localidade un segundo curso, esta vez de temática funky.

 

Este curso terá lugar entre os días 29 de agosto e 9 de setembro, de luns a venres en horario de 10,30 a 13 horas, no Ximnasio Municipal da Guarda. O obxectivo desta iniciativa é que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky, coñecer o procedemento do funky e os estilos que o compoñen, adquirir coñecementos básicos sobre composición  e enfocar o funky como arte urbana e como actividade física deportiva saudable.

 

O curso vai dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. Conta con prazas limitadas, polo que a orde para cubrir as prazas será a seguinte:

 

-Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda.

-Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade.

-Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.

 

O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro venres 19 de agosto e poderán facelo no Rexistro do Concello da Guarda de 8 a 14 horas, de luns a venres. Para isto deben achegar un formulario de solicitude, que poden descargar na web http://www.depo.es/; unha fotocopia do DNI e o empadroamento.

 

Dende o concello volve a apostarse por ofrecer á xuventude guardesa unha variada e novidosa oferta de actividades culturais e de lecer para facer deste un verán inesquecible e cheo de enriquecedoras experiencias para os mozos e mozas da Guarda.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones