Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

-Degusta Europa- inicia a súa nova edición este xoves na Praza de Abastos da Guarda

A veciñanza poderá degustar de balde as preparacións do alumando da escola Manuel Antonio entre as 11 e as 12 h.

A veciñanza poderá degustar de balde as preparacións do alumando da escola Manuel Antonio entre as 11 e as 12 h.

Fecha: 03 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Escola de Hostalería Manuel Antonio e a Deputación de Pontevedra iniciará este xoves na Guarda a terceira edición de «Degusta Europa», unha campaña de cociña e degustación de pratos inspirados nos países europeos utilizando produtos das Rías Baixas e o mercado local.

O alumnado do centro vigués será o encargado de elaborar os pratos, previa compra dos ingredientes necesarios para a súa elaboración, tendo en conta a variedade de produtos locais presentes na Praza de Abastos. Alí, entre as 11:00 e as 12:00 h, as veciñas e veciños da vila poderán achegarse para gozar do show cooking e participar na posterior degustación, de balde e aberta ao público.

Nesta ocasión, as e os cociñeiros centrarán a temática das súas creacións gastronómicas na campaña turística «Somos historias». Ao tempo, as tapas manterán un vínculo cos 20 países europeos cos que a Deputación de Pontevedra mantén relación a través dos Proxectos Europeos nos que participa, a saber: Irlanda, Reino Unido, Portugal, Francia, Italia, Malta, Islandia, Finlandia, Holanda, Alemaña, Polonia, Romanía, Grecia, Suecia, Chipre, Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Noruega e Dinamarca.

Acudirán á degustación o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o deputado provincial Santos Héctor.

Sobre «Degusta Europa»
O programa «Degusta Europa», impulsado pola Deputación de Pontevedra, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, no que se conmemora a paz e a unidade dos países que conforman o continente europeo.

A institución provincial emprendeu, así, unha iniciativa coa que pretende promover e impulsar os produtos locais con preparacións culinarias inspiradas na cultura europea, organizada e elaborada polas escolas de hostalería Carlos Oroza e Manuel Antonio en distintos mercados municipais da provincia. O obxectivo último de «Degusta Europa» é, con todo, poñer en valor a gastronomía e a materia prima das Rías Baixas, favorecendo a cociña de proximidade.

Esta terceira edición do proxecto continuará nos mercados ou prazas de abastos de Cangas (4 de maio), Vigo (8 de maio), Lalín (1 de maio), Marín (11 de maio) e Vilagarcía de Arousa (15 de maio).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí