Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Exodus: na procura do refuxio- en Tomiño até o día 16 de outubro

A mostra, patrocinada pola Deputación, amosa o traballo de foto xornalismo de dous profesionais galegos

A mostra, patrocinada pola Deputación, amosa o traballo de foto xornalismo de dous profesionais galegos

Fecha: 10 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

"Exodus: na procura do re fuxio" é a exposición impulsada pola Deputación de Pontevedra, que dende o 4 até o 16 de outubro de 2016 exhibirase no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, de luns a sábado, de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas (excepto mércores pola tarde).

Esta mostra reflicte a mirada dos fotoperiodistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

Europa enfróntase á peor crise migratoria tras a Segunda Guerra Mundial. Segundo datos de ACNUR, máis dun millón de persoas cruzaron as illas gregas escapando do conflito de 2015. Un 25% eran menores e ao redor de 3.700 persoas faleceron no intento de cruzar o Mar Exeo.

O camiño empeza en Oriente Medio. Foxen por centos de miles desde Siria, Iraq ou Afganistán. Un fluxo constante de humanidade dirixido polo medo, a inseguridade e a falta de oportunidades; a súa desesperación móveos a arriscar as súas vidas e as das súas familias por un futuro en paz.

Fano desde Turquía, cruzando o mar Exeo até as illas gregas en balsas de goma con nulas medidas de seguridade.

En Grecia comeza un duro camiño entre fronteiras. Os refuxiados cruzan Europa cunha idea vaga de alcanzar Alemaña, Suecia ou Noruega. En Gevgelija, ao sur de Macedonia, fronteira con Grecia, eríxese un campo de refuxiados ateigado de almas perdidas. Máis de dous mil persoas ao día deixan a súa pegada nun inhóspito paraxe.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones