Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Festa, manxares, deporte e moita música amenizarán a última fin de semana de agosto na Guarda

Complétase así unha fin de semana na que a oferta gastronómica, cultural e de lecer segue a ser moi variada, con opcións para tódolos públicos, como ven sendo característico neste verán na vila da Guarda.

Complétase así unha fin de semana na que a oferta gastronómica, cultural e de lecer segue a ser moi variada, con opcións para tódolos públicos, como ven sendo característico neste verán na vila da Guarda.

Fecha: 27 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Unha fin de semana máis a Guarda prepárase para ofrecer a todos os seus veciños, veciñas e visitantes, unha ampla oferta de actividades culturais e de entretemento.

A última fin de semana do mes de agosto comeza cunha das citas máis destacadas deste verán na vila: o concerto do grupo de "De Vacas" este venres 26 de agosto ás 22 horas na Praza do Reló. Trátase dunha das 5 actuacións programadas dentro da primeira edición do festival Música nas Prazas. "De Vacas" ofrecerá as súas versións de cancións coñecidas nunha actuación que, en caso de chuvia, se trasladará ao Centro Cultural.

O sábado día 27 terá lugar o X Festival de Bandas "Vila da Guarda" organizado pola Agrupación Musical da Guarda en colaboración con concello da Guarda. Este incluirá as actuacións da Banda de Música de Salvaterra, da Banda "Airiños do Morrazo" e da Agrupación Musical da Guarda no Auditorio de San Benito ás 20 horas. En caso de choiva se celebrará no Colexio PP Somascos.

Ese mesmo día, o sábado ás 22,30 horas, terá lugar o VII Serán da Guía organizado pola Agrupación Folklórica Vento Mareiro. Neste serán grupos de música tradicional reúnense para tocar na Praza da Guía.

Ademais, durante toda a fin de semana, dende o venres 26 ata o domingo 28, celébrase a V Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, na Alameda da Guarda. Esta festa está organizada pola Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O Cancelón e nela se poderá desfrutar do mellor da gastronomía da zona. A festa dará comezo o venres 26 das 21 ás 24 horas. Durante o sábado se poderán degustar estas delicias gastronómicas dende as 12 ata as 16 horas e pola noite das 20 ás 24 horas. Xa no domingo 28, último día desta festa, a festa comezará ás 11 horas da mañá.

Complétase así unha fin de semana na que a oferta gastronómica, cultural e de lecer segue a ser moi variada, con opcións para tódolos públicos, como ven sendo característico neste verán na vila da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones