Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Moitas actividades na fin de semana previa ao Nadal na Guarda

Achégase a fin de semana previa ao Nadal e na Guarda, vaise a celebrar a proximidade dunha data tan especial por todo o alto.

Estes vindeiros días estarán repletos de diversas actividades para todos os públicos e gustos, que farán que os veciños e as veciñas da Guarda sintan, aínda máis, o espírito navideño.

Fecha: 17 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Achégase a fin de semana previa ao Nadal e na Guarda, vaise a celebrar a proximidade dunha data tan especial por todo o alto. Estes vindeiros días estarán repletos de diversas actividades para todos os públicos e gustos, que farán que os veciños e as veciñas da Guarda sintan, aínda máis, o espírito navideño.

Entre as diversas propostas destaca a música, que estará moi presente con tres concertos. O primeiro destes, o Concerto de Nadal do Conservatorio de Música organizado polo concello da Guarda, terá lugar o xoves día 15, no Centro Cultural ás 19 horas.

O venres preséntase unha nova cita das barferencias. Nesta segunda charla da tempada 2016/17, o recoñecido investigador dos petroglifos, Fernando Javier Costas Goberna, falará de "Oia, o Císter e a nova milicia" ás 20'30 horas na Cafetería Alameda.

Xa metidos de cheo na fin de semana, o sábado temos unha nova sesión de Contos Contados adicada ao Nadal, de novo na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Nesta os nenos e nenas contarán con canto e conto por Nadal e un obradoiro de a continuación sobre a decoración da árbore de Nadal. Cara á noitiña, ás 20'30 horas, celebrarase outra das citas coa música tradicional no Festival de Nadal de Pandereteiras no Centro Cultural.

Para rematar esta última fin de semana antes do Nadal, o domingo presenta moi diversas iniciativas para as familias guardesas. O patio cuberto do Colexio PP. Somascos acolle a Mostra de Artesanía "Nadal na Guarda" organizada por + K ARTE en colaboración co concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Pola tarde a Guarda recibirá a visita de Papá Noel, organizada por AGUDE, que se adiantará uns días para sorprender aos nenos e nenas da vila. A chegada producirase en parapentes no Porto ás 16'30 horas e percorrerá a vila ata recoller as cartas nas Galerías da Alameda, onde aparecería directamente en caso de choiva. Por último, a Coral Polifónica da Guarda organiza o Concerto de Panxoliñas, que se poderá desfrutar a partir das 17'30 horas na Igrexia Parroquial, como colofón a esta fin de semana.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones