Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Novo Ciclo de Outono no Cineclub Poleiro

O ciclo de outono abre o pano o 5 de outubro coa película suíza UNRUEH

O ciclo de outono abre o pano o 5 de outubro coa película suíza UNRUEH

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, despoís do verán volve o cine ao Poleiro. O ciclo de outono abre o pano o 5 de outubro coa película suíza UNRUEH , traducida ao castelán como Disturbios. Un drama dirixido polo suízo Cyrill Schäublin . Todas as proxección serán no auditorio de Goián ás 20:30

SINOPSE: Ambientada nunha cidade reloxeira de Suiza no século XIX onde unha trabajadora dunha fábrica produce a roda de disturbios, unha peza que xira no corazón do reloxio mecánico, de ahí o nome da película. As novas tecnologías están transformando a cidade e a protagonista involúcrase no moveminto local dos reloxeios anarquistas, Así coñece ao viaxeiro ruso Pyotr Kropotin,que despois se converteu nun dos ideólogos do anarquismo. Anarquía e precisión na Suíza de 1870. 

O xoves 5 de novembro chega o filme polaco EO de Jerzy Skolimowski que acadou o Premio do xurado de Cannes 2022 . 

SINOPSE: EO é un burro moi inocente que vai descobrindo o mundo  e parécelle un misterio. Atópase con boa e non tan boa xente, coñece a ledicia e a pena .A súa vida da tumbos e transforma a  boa sorte en desastre e os peores momentos en felicidade inesperada. 

O xoves 14 de decembro é o turno de UTAMA unha película de Bolivia con guión e dirección de Alejandro Loayza Grisi. Unha historia de supervivencia que recibiu o Premio do Xurado no festival de Sundance en 2022

SINOPSE: No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo na monotonía do día a día. Durante unha seca inusualmente longa, Virginio e a súa muller Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou seren derrotados pola contorna e o propio tempo. Crítica: Parece un cruzamento entre un western minimalista de Sergio Leone e unha serie de fotografías de Sebastiao Salgado. Jordan Mintzer: The Hollywood Reporter.

O xoves 11 de xaneiro proxéctase a película chinesa El regreso de las golondrinas con guión e dirección de Li Ruijun  Acadou a Espiga de Oro na Seminci de Valladolid en 2022. 

SINOPSE: Un drama rural sobre a humildade. A sinxela Ma e o tímido Cao, expulsados das súas respectivas familias, son obrigados a casar. Para sobrevivir xuntan forzas construindo un fogar. No medio da adversidade  crean un vencejo entre eles para prosperar. 

  • Bono socio para as catro películas 10 euros

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí