Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Alcalde da Guarda recorda nun Bando a necesidade de manter as fincas nun estado adecuado de limpeza

O edil recorda neste bando que é do máximo interese que as leiras e solares se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa forestal rozada

O edil recorda neste bando que é do máximo interese que as leiras e solares se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa forestal rozada

Fecha: 07 de Mayo de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de emitir un Bando Municipal para recordar a todos os veciños e veciñas do municipio a necesidade de manter as condicións de seguridade e ornato das fincas existentes no concello da Guarda ante a ameaza da propagación de incendios forestais que se produce no período estival.

O edil recorda neste bando que é do máximo interese que as leiras e solares se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa forestal rozada, tendo en conta tamén que como veciños e veciñas, «temos o deber de cumprir coas nosas obrigas para facilitar a convivencia tranquila e pacífica entre todos.»

Neste senso, quen teña en propiedade terreos, construcións, edificios e instalacións, deben cumprir cos requirimentos que marca a lexislación vixente:

• Os propietarios dos terreos teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 m arredor de calquera núcleo de poboación, edificacións, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e instalacións industriais situados a menos de 400 m do monte.
• Nesa mesma franxa de 50 m non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, xesta, silva, toxo, ...).
• Deberase proceder á xestión da biomasa no ámbito municipal para protexer os núcleos de poboación, edificacións, equipamentos e infraestruturas, antes do 31 de maio de cada ano.

Dende o Concello solicitamos a colaboración de toda a veciñanza, lembrando que, no caso de incumprir o establecido na lexislación, o Concello poderá optar, segundo os casos, pola execución subsidiaria dos traballos de limpeza, repercutindo o custo da mesma nos titulares das fincas, pola imposición de multas coercitivas entre 120 e 10.000 euros, e mesmo, por financiar a execución de talas coa posible venda das especies ilegais; todo iso sen prexuízo de proceder á apertura do correspondente expediente sancionador.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones