Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda inicia a formación de cara a implantación da súa nova sede de administración electrónica

Este mércores 15 de febreiro o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu unha reunión de traballo para presentar as fases previas á implantación da nova sede de administración electrónica do Concello.

Este mércores 15 de febreiro o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu unha reunión de traballo para presentar as fases previas á implantación da nova sede de administración electrónica do Concello.

Fecha: 18 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este mércores 15 de febreiro o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu unha reunión de traballo para presentar as fases previas á implantación da nova sede de administración electrónica do Concello.

Nesta presentación estiveron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, Ignacio Varela, da Deputación de Pontevedra e dúas representantes da empresa encargada de poñer en marcha a sede, EsPublico, que se encargaron de explicar aos traballadores do concello os aspectos xerais dunha sede que permitirá que a A Guarda dispoña das ferramentas necesarias para realizar unha xestión informatizada e máis eficaz dos trámites.






O alcalde asegurou que isto suporá un antes e un despois na forma de facer as cousas da administración local, pois repercutirá directamente no cidadán e traerá unha mellora da produtividade, de xeito que o Concello sexa capaz de facer máis traballo e mellor.

Pola súa banda dende a Deputación de Pontevedra expresaron a súa confianza nesta aplicación, que permitirá cumprir as obrigas legais e que ten un uso moi sinxelo. Tamén reiteraron o seu compromiso co concello no desenvolvemento desta sede.

A continuación Alejandra e Aurora, representantes da empresa EsPublico Gestiona, explicaron en que consiste a sede, como lles permitirá cumprir as obrigas legais e que, sobre todo, ten como obxectivo último camiñar cara o expediente electrónico e eliminar ata nun 80% a utilización de papel na administración. A clave, explicaron, está na conxunción dunha ferramenta xa testada en miles de administracións, na actualización xurídica constante que farán dende a empresa e na xestión dos cambios que realizarán os traballadores do concello. Para isto, este mesmo mércores comezou a ronda de reunións da empresa con cada departamento, para ver como se realiza e tramita a documentación e as peculiaridades dos traballos de cada persoa e departamento en relación coa sede electrónica.

Deste xeito, A Guarda camiña cara unha administración e forma de traballar máis eficaz, que poderá responder coa maior brevidade aos problemas dos cidadáns, creando uns procedementos máis sinxelos e adaptados aos tempos para todos e todas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones