Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello da Guarda presentou a súa campaña de sensibilización e difusión do novo Regulamento do Lixo

Deuse a coñecer unha campaña coa que o Concello busca facilitar o coñecemento das normas que rexen a limpeza pública e recollida do lixo

Deuse a coñecer unha campaña coa que o Concello busca facilitar o coñecemento das normas que rexen a limpeza pública e recollida do lixo

Fecha: 29 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez, presentaron este martes 28 de marzo a Campaña de sensibilización e de difusión do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo" do Concello da Guarda, que entrou en vigor o pasado 30 de decembro.

A limpeza pública e, en concreto, este novo regulamento foron e seguen a ser prioridades do equipo de goberno, que traballou dende o comezo da Lexislatura para sacar adiante este Regulamento e que agora o complementa cunha campaña de información e sensibilización, pois saben a importancia que este tema ten para os guardeses e guardesas.

Nesta presentación, que tivo lugar ás 11 horas na Casa dos Alonsos, deuse a coñecer unha campaña coa que o Concello busca facilitar o coñecemento das normas que rexen a limpeza pública e recollida do lixo a partir de agora e promover que todos os veciños e veciñas colaboren en que A Guarda sexa unha vila exemplar pola súa limpeza.

Dentro desta campaña estanse a levar a cabo diversas accións. O Concello da Guarda enviará nos próximos días unha carta de presentación do Regulamento, xunto co propio texto do Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo a tódalas vivendas para que os guardeses o poidan consultar cando o desexen. Ademais, realizouse a edición dun bando para instar á limpeza de fincas, a edición de 100 vinilos instando á recollida das cacas dos cans en espazos públicos, 30 vinilos advertindo da prohibición de pegar carteis nas marquesiñas, 450 para depositar o lixo nos contedores correspondentes e se fabricaron 3 sinais de estrada advertindo da prohibición de pegar carteis en mobiliario e espazos públicos.

Xunto con esta campaña o Concello promoverá a sensibilización no tema da limpeza pública e da separación do lixo, así como do coñecemento das normas que os regulan, a través das redes sociais, promovendo a acción e participación cidadá pois entre todos é posible ter A Guarda máis limpa e fermosa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí