Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO AFONDIZA NA TRAXECTORIA DO PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ CUNHA EXPOSICIÓN TEMPORAL DE BOSQUEXOS DE RETRATOS

A Exposición inaugurouse o pasado Domingo na sala anexa a Aula Museo Antonio Fernández.

A Exposición inaugurouse o pasado Domingo na sala anexa a Aula Museo Antonio Fernández.

Fecha: 17 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño inaugurou na mañá do pasado Domingo unha exposición de bosquexos de retratos de Antonio Fernández na sala anexa a Aula Museo Antonio Fernández en Goián. A inauguración da exposición coincidiu co Certame de Pintura ao Aire Libre en homenaxe ao pintor.

A exposición inaugurada alberga unha veintena de bosquexos de retratos feitos por Antonio Fernández na súa etapa goianesa. Os bosquexos feitos a lapiz retratan a diferentes personaxes de Goián daquela época pero tamén de goianeses na emigración.

Esta exposición temporal, ademáis, aporta un valioso material como son fotografías dalgúns dos retratados que posaron para Antonio Fernández.
Os bosquexos pertencen aos veciños de Goián Manuel Villa Troncoso (Mané) e Leandro Alonso que desinteresadamente os prestaron para a exposición. Os bosquexos de Mané tras a exposición temporal pasarán a ser albergadas na Aula Museo.

O poeta Francisco Álvarez "Koki" escribiu en especial para a ocasión unhas palabras nas que fala da unánime admiración polo pintor e que se recolle no diptico da exposición.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou no acto de inauguración, "o traballo conxunto dos veciños e veciñas de Goián e en especial dos membros da Comisión Antonio Fernández que teñen traballado arreo para manter vivo a laboura de Antonio Fernández". A Alcaldesa, ademáis, quixo ter unhas especiais palabras para "Mané que sempre leva a Antonio Fernández en cada cousa que fai e que día a día segue a demostrar a súa admiración hacia o pintor coa súa xenerosidade. E a Lea e a Koki porque non dubidaron en enaltecer esta exposición coa seu traballo".


A exposición estará aberta ao público dende o 16 até o 30 de agosto en horario de 12 a 13 e de 19 a 20 os luns, martes, mércores, xoves e domingo; os venres de 10 a 14 e de 17 a 21; e os sábados de 10 a 14h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones