Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O LORAS COLLEGE, DE EEUU PARTICIPOU NAS VISITAS GUIADAS DE ANABAM

Na súa estadía de tres días na Guarda, contaron cun amplo abano de actividades matutinas

Na súa estadía de tres días na Guarda, contaron cun amplo abano de actividades matutinas

Fecha: 05 de Febrero de 2015

Fuente: Anabam

Alumnos da Universidade católica Loras College, de EEUU. pasaron tres días na Guarda antes de emprender o percorrido do Camiño de Santiago pola Costa. Foron 15 alumn@s, estudantes de español, que cursan o que sería aquí, segundo e terceiro ano de carreira, acompañado por un dos seus profesores, Dana Livingston, que coñece perfectamente ANABAM.

 

Neste pasado verán, mentres charlabamos co profesor Dana, decidimos organizar unhas actividades para que os seus alumnos coñeceran máis polo miúdo A Guarda, xa que ían estar con nós neste mes de xaneiro.

 

A primeira actividade, luns 12 de xaneiro, consistiu nunha visita ao poboado castrexo do Trega e, posteriormente, visitaron o Castelo de Santa Cruz. En ámbalas dúas visitas recibiron as explicacións do monitor de ANABAM, Antón Ferreira.

 

 

 



O martes día 13, a visita foi ao enclave ornitolóxico do esteiro do Miño, onde observaron un bo número de aves de varias especies diferentes. Nesta visita tivemos a compañía da chuvia, que tamén quixo sumarse e acompañar aos nosos visitantes.

O último día, mércores 14 as actividades foron variadas, con sorpresa, para eles, incluída. O primeiro que fixemos foi achegarmos ata unha das antigas estructuras dun muiño de vento, concretamente o muño (muíño) da Guía, un dos que aínda se conservan na Guarda.

A continuación tiveron a agradable sorpresa que lles tiñamos preparado: unha visita ao colexio de primaria de Solanas (A Guarda), onde unha rapaza do mesmo país que os visitantes está traballando alí neste ano escolar, 2014-2015, apoiando as clases de inglés. Pasáronno en grande porque ademais, os cativos de 3º de primaria, lles disputaron un apaixoante partido de béisbol.

Deseguido visitamos un dos viveiros de de lagosta que temos na Guarda. Concretamente o , onde quedaron marabillados ao ver o que alí había e máis, ao coñecer que aqueles bechos era un dos pratos máis apreciados polos comensais. Puideron ver especies como: bogavantes, lagostas, santiaguiños, centolas...

Noso agradecemento ao Restaurante "Riveiriña" propietarios do viveiro visitado, polas facilidades dadas e polo interese amosado para que os nosos invitados coñeceran esta actividade relacionada co mar guardés.

 


A xornada rematámola cunha visita ao Museo do Mar. Observaron as diferentes pezas alí expostas e souberon que grande parte do que alí hai e se amosa ao público visitante, está directamente relacionado con ANABAM, asociación que foi pioneira na recuperación dos vellos útiles dos mariñeiros guardeses. Vai o noso agradecemento ao concello guardés pola facilidades dadas e por abrirnos o Museo.

 

No exterior, observamos que unha das cousas que máis lles impresionou foi a forte oleaxe que había no litoral e que inmortalizaron cos seus móbiles e tablets. O temp non deu para máis. Tiñan que ir xantar e prepararse para a súa primeira etapa que os conduciría ata Mougás, iniciando así a peregrinación polo denominado "Camiño portugués pola Costa". En Mougás, esperáballes o albergue "O Aguncheiro".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones