Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda denuncia que o Goberno non cumpre os acordos plenarios

Conchi Ortega esixe que no pleno de setembro leve todos os asuntos pendentes en cumprimento do máximo órgano de goberno do Concello

Conchi Ortega esixe que no pleno de setembro leve todos os asuntos pendentes en cumprimento do máximo órgano de goberno do Concello

Fecha: 09 de Septiembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda denuncia que, a pesar de que desde xullo de 2015 se aprobaron en todos os plenos municipais mocións propostas polo PP, en todo este tempo o Goberno non presentou ningún regulamento nin iniciativa para dar cumprimento aos acordos plenarios. Por iso, a voceira popular, Conchi Ortega, esixe o grupo de goberno socialista, que no pleno deste mes se inclúen todos os asuntos pendentes para dar cumprimento ao máximo órgano do Concello guardés.

Conchi Ortega defende que todas as mocións son importantes para os veciños da Guarda, incluso as presentadas tamén por outros grupos políticos, porque darían solución ás súas queixas e demandas. Así, opina que como oposición, non pode permitir que un goberno en minoría non acate as decisións acordadas en pleno cando son de competencia municipal. Critica que o alcalde se esquece de que goberna en minoría, e denuncia que nin sequera atenden as mocións que lle supoñen máis ingresos para o concello.

Entre as mocións presentadas estes meses polos populares e que foron aprobadas en pleno pola maioría da corporación, Conchi Ortega recorda que esixían desde reforzar a limpeza e a desinfección dos contedores e aumentar a frecuencia de recollida do lixo nas zonas que así o precisen; ata instalar unha ducha na praia da Ribeira; acordar o cobro aos seguros do servizo de emerxencias (un ano mais de ingresos perdidos); modificar o regulamento do IBI con bonificacións a familias numerosas e outras; regular a emerxencia social; ata convocar unha mesa para planificar e potenciar o turismo; entre outros asuntos. Ademais das mocións, tamén sinala que atrás quedan numerosos rogos realizados polos PP, que recollen demandas e solicitudes directas dos veciños da Guarda, e que a día de hoxe tamén están gardados nun caixón e sen atender.

A voceira local dos populares critica "que con esta actitude o alcalde pretende "ningunear" á oposición, cando hai que recordarlles que eles gobernan en minoría". Ademais, apunta que si o Partido Popular presenta esas mocións, rogos e preguntas, "é porque os veciños as piden, e non contestarlle a un grupo da oposición pode ser pouco intelixente pensando na aritmética, pero non contestar aos veciños que piden limpeza nos contedores e nas rúas, duchas nas praias, mellorar emerxencias, baixar o Ibi, etc.. é un feito moi grave, xa que non só "ningunear" á posición, senón aos veciños da Guarda".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones