Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP da Guarda esixe a finalización da urbanización da Rúa a Cal

Grupo Popular asume a moción presentada polo CCD que ao non ter representación municipal a dia de hoxe, non a pode defender.

Os populares consideran que os veciños de esa Rúa na zona de riba, a que pasa pola Fonte da Cal merecen o mesmo trato ca o resto.

Fecha: 20 de Enero de 2017

Fuente: PP de A Guarda

O Grupo Popular da Guarda vai defender, para o seu debate na próxima sesión plenaria, unha moción na que se lle esixe ao Goberno Local a finalización do proxecto e das obras da urbanización da Rúa a Cal, unha moción presentada do CCD que non pode defender ao non ter representación municipal e que asume o Partido Popular. A voceira popular, Conchi Ortega, explica que "desde o PP preguntamos en varias ocasións ao grupo de Goberno por esta última fase de urbanización da rúa a Cal, pero as respostas foron ambiguas e nada satisfactorias. Ao coñecer por rexistro que o CCD presentara esta moción e non a pode defender no pleno, pensamos que primeiro son os veciños afectados e non as siglas, decidimos como grupo asumila como propia e defendela no próximo pleno ordinario de xaneiro".

A Rúa a Cal foi urbanizada polo Goberno local no tramo desde a Rúa Enrique María Sexto ata a Rúa Circunvalación, con cargo a varios plans do anterior goberno da Deputación, pero falta a zona de riba, a que pasa pola Fonte da Cal por urbanizar, "un agravio comparativo entre veciños da mesma rúa", critica Conchi Ortega

A voceira do PP explica que "agora que sabemos o reparto do Plan Concellos da Deputación, no que lle corresponden por poboación máis de 700.000 euros á Guarda, cremos que é o momento de que se finalicen as obras desta rúa de unha vez".


"O grupo de Goberno xa non ten desculpas posibles para non abordar a execución da obra, non só o proxecto, que poña fin a esta discriminación de estes veciños da Rúa A Cal, na zona da Cruzada, unha rúa moi transitada tamén polos resto de guardeses que queren acceder á Fonte da Cal.


Así mesmo, o PP subliña que ademais desta hai outras rúas pendentes por mocións aprobadas en pleno presentadas ou votadas a favor polo Grupo Popular (como por exemplo facer beiraruas e iluminación no 3º Transversal Os Bechos que vai ata o Conservatorio) que non parece que estean nos plans do Goberno local nin teñan intención de abordar, algo co que o Grupo Popular discrepa e así o manifestaron ao votar en contra dos orzamentos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí