Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O teatro e a música chegan este sábado 8 de outubro ó Centro Cultural da Guarda coa representación do musical -Os Rockenstein-

Este sábado 8 de outubro, ás 17:30 horas, cita coa música e o teatro no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda.

Este sábado 8 de outubro, ás 17:30 horas, cita coa música e o teatro no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda.

Fecha: 08 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este sábado 8 de outubro, ás 17:30 horas, os guardeses, as guardesas e todos os visitantes que o desexen teñen unha cita coa música e o teatro no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda. A entrada é de balde ata completar o aforo.

A través da obra "Os Rockenstein", a compañía teatral 'Malasombra producións' creou un espectáculo para toda a familia que chega este sábado á Guarda. O protagonista da obra é Rockenstain, un doutor, inventor e científico preocupado porque a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo decide crear no seu laboratorio un ser vivo e convertelo nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll.

Non obstante, o experimento superará as súas expectativas e da máquinas sairán tres criaturas. Así, o doutor terá unha dura tarefa por diante: educar ás futuras estrelas do rock, para que se formen como persoas antes de poder ser un bo grupo de rock.

Esa educación se reflexará a través das nove cancións que compoñen o musical, durante o cal o público terá unha participación moi activa, como se estivesen nun concerto de rock. Ademais, estas cancións transmitirán, entre outras cousas, a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio, de coñecer o mundo, etc.

Dende o Concello da Guarda anímase a todos a asistir a esta representación que poderán desfrutar os públicos de todas as idades e que conxuga música, entretemento e a importancia da educación e do ensino.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones