O vindeiro sábado 29 de outubro ás 19.30h no Auditorio Municipal do Rosal a compañía MIGALLAS TEATRO presenta, “Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural, etc. dunha forma amena e divertida.


Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, títeres, teatro de actor, etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.


Así mesmo, con “Pegadas de Castelao”, queremos axudar a descubrir as fondas pegadas que deixou Castelao no pobo galego e que fan que, en moitos eidos, continúe sendo un firme guieiro para o noso presente e futuro.

  • Idade recomendada: A partir de 6 anos.