Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Siñor Afranio- a obra máis emblemática de Antón Alonso Ríos será reeditada por Tomiño e Silleda

Os dous concellos queren sacar de novo ao mercado este libro, moi demandado polo público e que nestes intres está descatalogado

Os dous concellos queren sacar de novo ao mercado este libro, moi demandado polo público e que nestes intres está descatalogado

Fecha: 30 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Gran acollida da exposición sobre Antón Alonso Ríos na Casa da Cultura de Silleda, que ata o vindeiro 14 de decembro acolle unha mostra sobre este mestre, político e escritor nado na parroquia silledense de Cortegada en 1887 e que desenvolveu un gran labor docente no de Tomiño nos anos 30 do século pasado.

Organizada polo concello tomiñés, onde estivo aberta ao público o pasado mes de outubro, a exposición fai un percorrido polo periplo vital e a longa traxectoria de Alonso Ríos, incluíndo a súa obra máis emblemática, ‘Siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte'. Trátase dunha obra descatalogada e moi demandada polo público que os concellos de Tomiño e Silleda propóñense reeditar e para o que xa pediron colaboración á Deputación de Pontevedra.

A mostra conta con mobles e instrumental das escolas da época, propiedade da Fundación Peirópolis, e libros relacionados coa biblioteca persoal de Alonso Ríos durante a súa estadía en Bos Aires. Nela o público poderá atoparse exemplares de filosofía, orixinais de publicacións súas ou a correspondencia enviada a Isaura Gómez Pérez, veciña de Tomiño, a quen escribiu dende 1975 atan o seu pasamento en 1980 e na que se reflicte o pensamento do autor nos anos posteriores á ditadura franquista. Alonso Ríos, un dos persoeiros máis destacados na historia galega do último século polo seu labor pedagóxico, político e pola súa implicación no movemento agrarista.

 

O público poderá disfrutar desta exposición na Casa da Cultura de Silleda de luns a venres de 09.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones