Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TAL E COMO ESTABA PREVISTO, A COSTA DE OIA UN POUQUIÑO MÁIS LIMPA

Coa colaboración de varios voluntarios e membros de ANABAM.

Coa colaboración de varios voluntarios e membros de ANABAM.

Fecha: 01 de Abril de 2015

Fuente: Anabam

Texto: Manuel A. Pombal Diego

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

Manuel A, Pombal Diego

O pasado domingo 22 de marzo ANABAM, en colaboración coa edición número 20 das "Iniciativas Oceánicas" desenvolvidas pola "Surfrider Foundation Europe", organizou unha limpeza pola costa que se iniciou no Porto de Oia. O traballo desenvolvido polos voluntarios participantes na actividade foi excelente, a pesares de que o éxito da convocatoria foi relativamente escaso. Participaron un total de 20 persoas (13 homes e 7 mulleres -3 en idade escolar-), incluídos varios membros de ANABAM. Entre os voluntarios había 5 de Oia, 4 de Tui e outros tantos de A Guarda, 3 de O Rosal, 2 de Tomiño, 1 de Vigo e outro de Cangas. A todos eles lles queremos dar, de novo, as grazas por ter participado (e traballado) nesta actividade de educación e divulgación ambiental. Un dos obxectivos era sensibilizar sobre a importancia de reducir a produción de residuos, salientando o impacto visual e ecolóxico que producen nas nosas costas.

Despois de darlle a benvida aos participantes e dunha breve introdución inicial na que se destacou o que se pretendía coa acción a desenvolver, a actividade transcorreu con total normalidade durante máis de 3 horas. Partiuse dende o Porto de Oia e pasando por Condomínguez, chegouse ata Xilias. Recolléronse máis de 55 sacos de lixo, correspondéndose a maioría con plásticos e derivados. Tamén se retirou unha roda de coche, un bidón de ferro, un somier, restos dunha mesa de cámping, e abundantes restos de aparellos de pesca. Asemade, fíxose unha recollida selectiva de tapóns (para o proxecto solidario desenvolvido por Banta), vidro (para reciclar), e de utensilios de pesca (para reutilizar), tales como boias, cortizas, carpetas, palillos de batea, fichas e xiratorios de plástico, etc.

Na zona de Xilias atopábanse os restos dun golfiño común varado hai unhas semanas e aproveitamos para falar das súas características, de como identificalo, sexo e a especie, así como do rexistro de varamentos que ANABAM ven desenvolvendo no Baixo Miño dende hai máis de 20 anos.

Finalmente, despois de facer a "foto de familia" e de agradecer a participación, procedeuse a repartir unha serie de agasallos a todos os participantes: un caderno didáctico sobre o lixo nas nosas costas producido e editado pola nosa asociación, "pegatinas", camisetas, gorras, un caderno e un bolígrafo, foron algúns dos agasallos entregados.

 

Ata aquí todo foi "de cara" xa que o tempo acompañou durante toda a mañá, a pesar de que o vento sopraba con certa intensidade de cando en vez. Nembargante, o peor estaba por chegar. Ao día seguinte puidemos comprobar ata onde pode chegar a miseria dalgunha xente, xa que uns cantos sacos dos deixados en Xilias foran baleirados para, aparentemente, seren roubados. Parece ser que hai xente que goza destruíndo o que fan os demais para, neste caso, roubar uns sacos de rafia. A cousa non quedou aí, xa que o martes "desapareceron" 3 ou 4 sacos máis, mentres que onte tan só quedaban 3 dos 13 sacos que deixáramos o domingo nesa zona. Unha mágoa que exista xente tan ruín que por roubar uns sacos bote a perder o traballo desenvolvido por 20 voluntarios.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones