Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Tecnoimaxín- traerá á Guarda interesantes charlas e conferencias sobre emprego e formación

Especialistas do sector falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

Especialistas do sector falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

Fecha: 20 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle do 25 ao 27 de outubro as xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía «Tecnoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

O programa da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 25 ás 10:00h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e demais convidados.

Na tarde do xoves día 25 contarase cunha interesante charla sobre os proxectos que actualmente se realizan dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo, contando con Débora Ramonde, Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, que a partires das 18:30h falará sobre os programas de apoio ao emprendemento «ViaGalicia» e tamén dos programas de apoio á internacionalización das Pymes «ViaExterior». Proxectos que contan cunha gran acollida e que teñen xa axudado a moitos emprendedores na creación de empresas e no seu salto ao mercado internacional.

A continuación, dende ás 19:00h, Jaume Gurt, Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain, pechará esta primeira xornada cunha ponencia sobre «A felicidade nas novas organizacións». Jaume Gurt falará sobre como sobrevivir nos retos da era dixital, transformando a súa cultura, o seu estilo de liderazgo, a súa forma de organizarse, os seus procesos e ás propias persoas. Empoderandoas para poder ser as súas mellores versións individuais, dentro de equipos unidos e compenetrados que logran resultados excelentes.

Na tarde do venres día 26 ás 16:00h a Escola Superor Gallaecia será a encargada da realización dunha charla sobre «Tecnologia vs Arte - Vídeo360º», a cargo de Emília Simão e Samuel Barbosa - Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia e Ensino Universitário. A Escola Superior Gallaecia é recoñecida pola esixencia, calidade e rigor na formación dos seus diplomados e pola investigación, neste caso misturando a tecnoloxía e a arte, cun proxecto que engloba a gravación de imaxes en 360º, unha técnica de vídeo novidosa para amosar a arte dun xeito diferenciador.

Para rematar esta segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», ás 17:30h, Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia, falarán sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico». Veñen de rematar recentemente a primeira parte do Proxecto «A Guarda, Mar de Sal», onde grazas aos seus traballos descubríuse que as Salinas do Seixal forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño ata agora documentado de todo o Imperio Romano. O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O sábado pola mañá o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizará unha recollida de CV´s para as súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade.

A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com ) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA TECNOIMAXÍN - CONCELLO DA GUARDA

XOVES 25 OUTUBRO

MAÑÁ
Acto inaugural - 10:00 horas
David Regades Delegado da Zona Franca de Vigo

OBRADOIRO 10:15 - 13:00 horas
Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado
Gema Sánchez- Cabezudo
Coach, formadora e Psicopedagoga


TARDE

18:30 - Proxectos da Zona Franca de Vigo
Débora Ramonde - Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo

19:00 a 20:30 A felicidade nas novas organizacións
Jaume Gurt , Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain (formada polas marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios
Autor Blog Un Ceo sin corbata


VENRES 26 OUTUBRO

FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, ...)
Conferencia/exhibición 10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots
Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

12:30 / 13:30
Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,
A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA
Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

TARDE

16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
Emília Simão & Samuel Barbosa - Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário
Tecnologia vs Arte - Vídeo360º

17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico
Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia


SÁBADO 27 DE OUTUBRO

DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
Feira de empresas
11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
Conduce Susana Rodríguez
Coach e psicóloga social

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones