Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

20 persoas con TEA da Fundación Menela percorrerán dende mañá o Camiño Portugués da Costa

Realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas

Realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas

Fecha: 17 de Septiembre de 2019

Fuente: Fundación Menela

Este proxecto, denominado Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, está promovido pola Fundación MENELA e enmarcado dentro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Conta ademais coa colaboración do Concello de Nigrán.

Fundación MENELA, O teu Xacobeo (Xunta de Galicia) e o Concello da Guarda convocan aos medios de comunicación á recepción que terá lugar no propio Concello con motivo do comezo da etapa inicial do Proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos.

A partir de mañá, 17 de setembro, 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do Centro Castro Navás - Fundación Menela, realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas que transcorreran durante os meses de setembro e outubro, e nas que se achegarán a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa arte. O farán acompañados por profesionais especializados da entidade así como por outros colectivos, sendo neste día, os rapaces e rapazas do CEIP Mallón (Nigrán) e do Centro San Xerome Emiliani (A Guarda) quenes se animen a facer primeiro tramo do Camiño Portugués da Costa.

A primeira etapa saíra do Concello da Guarda. Será trala recepción, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello ás 11.30 horas, cando se iniciará a ruta que camiña paralela a liña costeira, durante un percorrido de 10 quilómetros que hai ata Portecelo, fin da primeira etapa. Asemade, destacarase a colocación de pictogramas nas instalacións do consistorio e no albergue municipal de peregrinos de A Guarda, elementos que melloran a accesibilidade cognitiva e potencian a calidade do turismo accesible, factor clave para a dinamización do noso entorno.

O Proxecto está financiado polo Programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Nigrán.

 

 

 

 

 

No acto de recepción contaremos con:

• Cipriano Luis Jiménez Casas, director xeral da Fundación MENELA.
• Juan A. González Pérez, alcalde de Nigrán.
• Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda.
• Beatriz Lomba Rodríguez, concelleira de Turismo e Servizos Sociais.
• Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal.

Durante a mesma estará acompañados por membros do equipo directivo da Fundación Menela e polos usuarios do Centro Castro Navás.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones