Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

2º taller -Non Te Pares, Érguete-

Aberto o prazo de inscrición ata o 25 de maio

Aberto o prazo de inscrición ata o 25 de maio

Fecha: 14 de Mayo de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que xa está aberto o prazo de inscrición para a 2º edición do taller "Non te pares, Érguete" ata o 25 de maio, o cal será impartido polo persoal laboral da Asociación en conxunto cunha psicóloga experta na materia.

O taller está destinado para persoas en situación de desemprego e terá unha duración de 80h. A primeira xornada terá lugar o 29 de Maio e desenvolverase durante os martes, xoves e venres de 9h-14h de todo o mes de Xuño.

Algúns dos obxectivos que se traballarán son os conceptos de marca persoal, a mellora das capacidades e aptitudes persoais, así como tamén descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais.

O último día do taller, levarase a cabo a II Xornada Empresarial, onde se fará un encontro entre os asistentes e algunhas das empresas da zona para poñer en común as necesidades das mesmas e saber que é o que buscan no mercado laboral e como o buscan. Grazas a estas xornadas, na 1ª Edición conseguiuse alcanzar unha ocupación laboral do 25% dos asistentes.

Trátase dun dos talleres que máis expectación presenta na Comarca do Baixo Miño debido ao interese dos participantes de estar á última no mercado laboral, e de explotar o mellor de eles mesmos.

Atópase financiado pola Deputación de Pontevedra, Cohesión Social e Xuventude así como pola cota dos socios e socias e a colaboración do Concello de A Guarda pola cesión das instalacións.

Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición a través da web da entidade, www.erguete.org e facelo chegar ás instalacións da Asociación ou ben a través do email info@erguete.org. Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07/640 086 376.

Érguete Baixo Miño aposta pola formación profesional para o emprego así como pola incorporación social e laboral cara á prevención de hábitos e condutas aditivas e promoción e educación da saúde.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones