Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco e aberto prazo de inscrición para Curso Gratuíto para Deixar de Fumar

Animamos a todas as persoas a cambiar os hábitos nocivos por unha vida plena e sa deixando de ser escravos dunha adición.

Animamos a todas as persoas a cambiar os hábitos nocivos por unha vida plena e sa deixando de ser escravos dunha adición.

Fecha: 31 de Mayo de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, mañá, 31 de maio, celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Trátase dun día fundamental dentro das accións que a Asociación leva a cabo, posto que se trata dunha das adicións máis prexudiciais para a saúde.

Este ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedícalle o día ao tabaco e enfermidades cardiovasculares co slogan "O tabaco rompe corazóns - elixa saúde, non tabaco". Dentro de todas as consecuencias que carrexa ser fumador, tanto pasivo como activo, preténdese destacar o impacto que ten o tabaco na saúde cardiovascular.

Aproveitando a celebración deste día, ábrese prazo de inscrición dun curso gratuíto para deixar de fumar, nas instalacións de Érguete Baixo Miño, e que será levado a cabo polo departamento de psicoloxía da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

O curso ten unha duración de 7 sesións de hora e media cada unha, durante 7 semanas e totalmente gratuíto, con un depósito de 60€ que se devolverán, en caso de asistir a todas as sesións, ao final do mesmo. En caso de non asistencias esporádicas, penalizarase parcialmente.

A metodoloxía que se emprega é a de redución gradual do consumo de tabaco e aproximadamente na metade do curso, déixase de fumar, facilitando ao usuario técnicas e ferramentas eficaces para conseguilo. Unha vez rematado o curso, trabállase a prevención de caídas e recaídas co persoal laboral de Érguete Baixo Miño así como co departamento de psicoloxía da AECC.

Animamos a todas as persoas a cambiar os hábitos nocivos por unha vida plena e sa deixando de ser escravos dunha adición.

Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete ou tamén poden facelo a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí