Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

6 medallas para Os Teixugos na 5ª Copa Galega de promoción de slálom

Nesta ocasión nas augas do río Cabe, en pleno núcleo urbano de Monforte de Lemos, onde se celebrou a quinta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.

Nesta ocasión nas augas do río Cabe, en pleno núcleo urbano de Monforte de Lemos, onde se celebrou a quinta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2023

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Nova cita dos máis pequenos co slálom. Nesta ocasión nas augas do río Cabe, en pleno núcleo urbano de Monforte de Lemos, onde se celebrou a quinta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con once deportistas que o deron todo para superarse a si mesmos.

En k1 alevín muller, o podio foi totalmente “teixugo”. Leila Álvarez acadou o ouro, a prata foi para Nerea Álvarez e o bronce para Rita Olveira. Nerea Álvarez, ademais, acadou un ouro ao participar na modalidade de canoa.

En k1 infantil muller, Francia Piñeiro estreouse na competición, acadando o oitavo lugar.

En K1 infantil home, Iván Cruz foi sétimo e Brais Cambra noveno.

En K1 alevín home, Alejandro Barreiro foi cuarto, a décimas de segundo de subir ao podio, e Leo Álvarez décimo segundo.

En k1 home benxamín, Roque Olveira foi segundo, acadando, por tanto, a prata;  Nicolás Piñeiro tamén subiu ao podio co terceiro mellor tempo e Martín Vicente foi cuarto.

Moi bos resultados para os pequenos “teixugos” con seis medallas e un día de diversión, no que ademais de practicar deporte e superarse a si mesmo, coñeceron Monforte e reforzaron lazos e amizades con nenas e nenos de toda Galicia.

Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño rematou terceiro, por detrás do Tea de Mondariz e do equipo local, o Montaña-Quixós.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí