Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

8M: Preto de 200 veciñas e veciños da Guarda xuntáronse para clamar pola igualdade

A concentración feminista deixou unha imaxe sen precedentes na vila, pola cantidade de persoas participantes e a unión en torno á causa feminista

A concentración feminista deixou unha imaxe sen precedentes na vila, pola cantidade de persoas participantes e a unión en torno á causa feminista

Fecha: 13 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Preto de dous centenares de persoas de todas as idades encheron a Praza do Reló para reivindicar a igualdade real de dereitos, deberes e oportunidades de mulleres e homes, co gaio do Día Internacional das Mulleres que se conmemora cada 8 de marzo.

A concentración comezou pasadas as 12:30 horas coa lectura dun manifesto por parte da Concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, no que clamou por unha sociedade «libre de opresións, de explotación e violencias machistas», na que non exista a discriminación laboral por cuestión de xénero nin as mulleres «sexamos xulgadas e podamos exercer a nosa liberdade sexual, reprodutiva e, en xeral, en todas as áreas e facetas da nosa vida». Nesta mesma liña interviron a concelleira de Turismo e deputada provincial, Montserrat Magallanes; a presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda, Carmen María Castro; e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

Con todo, a intervención máis emotiva foi a do alumnado do IES A Sangriña. Un grupo de preto de 40 alumnas e profesorado do centro guardés achegáronse á Praza do Reló ataviados con camisetas de cor morado e unha pancarta reivindicativa. Alí, leron un manifesto no que destacaron o labor esencial das xeracións máis novas na procura dunha sociedade xusta e libre de violencias machistas. Carla, alumna de 2º de bacharelato no IES A Sangriña, expresouno nestes termos:

«As alumnas e profesoras do IES A Sangriña non podíamos deixar pasar a oportunidade de reivindicar os nosos dereitos dende a posición que nos toca. A loita feminista dende o estudantado é crucial para mudar a sociedade. Na sociedade está a chave para derrubar as barreiras e o queremos facer dende o compañeirismo, a reflexión e a acción.

Queríamos formar parte desta folga porque para todas é un feito histórico. Con isto estamos a demostrar que cando nós deixamos de soster este sistema que nos oprime, o mundo párase.

Queremos unha educación libre de valores heteropatriarcais. Unha educación que nos ensine na diversidade, sen medos nin complexos. Unha educación que non nos reduza a meros obxectos. Unha educación que non relegue a nosa historia ao marxe dos libros de texto. E unha educación que non permita nin unha soa agresión machista nas aulas.

Todo isto, sen esquecernos de que hoxe estamos aquí por todas, polas que estamos e polas que non. Polas que non puideron secundar a folga por medo ás represalias. E polas que foron asasinadas en mans do machismo. Por isto tamén nos manifestamos por todas elas. E elas son a razón que nos fai estar aquí con máis forza.

Porque, como dicía Rosa Luxemburgo, "quen non se move non sente as cadeas" e nós estamos dispostas a romper con elas».

Esta foi, con todo, unha concentración sen precedentes na vila, tanto polo número de persoas participantes como polo compromiso e unión de todas elas en prol da causa feminista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones