Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ACADEMIA HOMENAXEA A XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes, 15 de setembro, unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento.

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes, 15 de setembro, unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento.

Fecha: 12 de Septiembre de 2015

Fuente: RAG Comunicación

O acto terá lugar o 15 de setembro en Tui, a súa vila natal / Ana Acuña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Darío Xohán Cabana disertarán sobre distintos aspectos do seu legado nunha mesa redonda moderada por Margarita Ledo

A Coruña, 11 de setembro de 2015.- A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes, 15 de setembro, unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento. O acto desenvolverase a partir das 19.30 horas na Área Panorámica (Sala Félix Rodríguez) de Tui, a vila natal do polígrafo, membro de número da Academia e protagonista do Día das Letras Galegas de 2008.

A homenaxe consistirá nunha mesa redonda, moderada pola académica Margarita Ledo, na que disertarán sobre distintos aspectos do legado de Álvarez Blázquez a investigadora Ana Acuña, autora do Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez; o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado; e o académico Darío Xohán Cabana, que colaborou con el nos anos 70 en Edicións Castrelos.

Na súa intervención, a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña afondará en novas vías para o coñecemento e o recoñecemento da vida e da obra de Álvarez Blázquez. Pepe Cáccamo deterase en Canle segredo, poemario escrito entre 1951 e 1953 pero que non saíu á luz ata 1976; e Darío Xohán Cabana participará cunha intervención titulada Xosé María, mestre de mocidade.

Ao longo do mes de setembro, A RAG celebrará outras dúas xornadas na honra dos tamén académicos de número Xaime Ilsa Couto e Ramón Piñeiro, nados igualmente en 1915. A dedicada a Isla Couto terá lugar en Vigo o 23 de setembro e a de Ramón Piñeiro será o 29 de setembro en Lugo.

A páxina web da Academia, academia.gal, incluirá ao longo deste mes na sección de Novas distintos contidos sobre os tres intelectuais. Nestes momentos xa están dispoñibles unha entrevista con Xosé María Álvarez Cáccamo sobre Álvarez Blázquez, unha pequena mostra da súa poesía e unha achega ao seu traballo no refraneiro do mar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones