Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ácida e amarga comedia -O Tolleito de Inishmaan- chega este venres ao Teatro Municipal de Tui

Trátase dun espectáculo de gran formato no que oito recoñecidos actores representarán a loita por transcender á discapacidade

Trátase dun espectáculo de gran formato no que oito recoñecidos actores representarán a loita por transcender á discapacidade

Fecha: 17 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

Oito actores subirán este venres, 17 de febreiro, ao escenario para achegar a Tui os soños dun tolleito que busca o que calquera outro, ser amado e valorado. Contraproducións Teatro presenta ás 21:30h no Teatro Municipal de Tui o espectáculo de gran formato "O tolleito de Inishmaan".  O dramaturgo Cándido Pazó, dirixe esta comedia negra, "ácida e amarga" nas verbas de Pazó, escrita orixinalmente por Martin Mc Donagh.






Ambientado nunha illa irlandesa dos anos 30, que podería ser tamén calquera aldea galega, presenta unha ampla diversidade de pintorescos personaxes que viven as súas cativas vidas como poden e como saben. E xunto a eles, un eivado, un ser desfavorecido que ten a arela de transcender desa pequena cárcere que supón a illa na que habita e lograr o seu soño de ser valorado. A gravación dun filme neste recóndito lugar supón para el unha oportunidade única. Trata polo tanto, do carácter de superación, de aceptación da discapacidade e da crueldade que pode existir nun mundo pechado e no que os habitantes resolven a súa frustración contra o fisicamente eivado, aínda que eles tamén contan coas súas eivas, que non son visibles a primeira vista. Todo cun humor ácido que permite rir de situacións doutro xeito insoportables.

Trátase dun texto de personaxes labrados e brillantes, nos que os actores, Evaristo Calvo, Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans, poden facer alarde do seu oficio e talento. Un elenco de actores e actrices de gran atractivo pola súa exitosa e constante presenza no teatro e no audiovisual, nunha combinación de profesionais de longa e premiada experiencia con novos e xa recoñecidos valores no mundo da interpretación.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 4,5€.

O Tolleito de Inishmaan, Contraproducións Teatro

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 14 de febreiro, ás 21:30h

Duración: 110 minutos

Público: maior de 14 anos

Entradas:

-                      Á venda até o venres ás 12h en www.culturatui.info

-                      No despacho de billetes o venres dende ás 20.00h

Prezo: 6€ e 4,5€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones