Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ACTIVIDADE -A CASA NOSTRA: FAMILIA E PODER NO TREGA- INICIA OS EVENTOS DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O Concello espera que moitos veciños e veciñas da localidade e tamén visitantes da Guarda participen no programa preparado para conmemorar o Día Internacional dos Museos.

Os interesados non precisan ningunha inscrición para participar en cada unha destas actividades, o único que teñen que facer é estar presentes no lugar indicado a hora das visitas.

Fecha: 16 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Este sábado o Concello da Guarda, coa colaboración do Padroado Municipal do Monte Santa Trega, celebra o Día Internacional dos Museos con diferentes actividades gratuítas dirixidas tanto a nenos coma a adultos.

A primeira delas, que leva por nome "A casa nostra: familia e poder no Trega", comezará as 12,30 no monte Santa Trega. Esta actividade consiste en unha visita guiada que ten por obxectivo mostrar a todos os presentes como se artellaban e se manifestaban as relacións de poder no castro, a través dun percorrido por diferentes unidades familiares. O punto de encontro para comezar a inmersión na historia é a casa reconstruída. Esta visita contará coa colaboración da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim.

Pola tarde, a partir das 17 horas, no Museo do Mar comezará o "Obradoiro de cordas artesanais de cánamo". Nesta actividade, Enrique Gómez Maya, mostrará a todos os presentes a maneira de fabricalas e tamén os usos que se lle daban e se lle seguen danto a este tipo de cordas.

O programa pechará coa visita "Flora e Fauna no Castelo de Santa Cruz", a cargo de Manuel Álvarez Vicente e diferentes membros da asociación "A Jalleira". Nesta actividade, que dará comezo ás 19 horas, os guías explicarán a todos aqueles interesados a historia da fortaleza, o seu importante patrimonio cultural, e a cantidade e moi diferente flora e fauna que convive neste espazo.

Os interesados non precisan ningunha inscrición para participar en cada unha destas actividades, o único que teñen que facer é estar presentes no lugar indicado a hora das visitas.

O Concello espera que moitos veciños e veciñas da localidade e tamén visitantes da Guarda participen no programa preparado para conmemorar o Día Internacional dos Museos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones