Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O XXIX CERTAME DE POESÍA -FELICIANO ROLÁN-

Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.

Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.

Fecha: 13 de Julio de 2015

Fuente: Agrupación Cultural Guardesa

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O

XXIX CERTAME DE POESÍA -FELICIANO ROLÁN-

con arranxo ás seguintes bases:

 

1.- Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.

2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema e a forma serán libres.

3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.

4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada faranse constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ao seguinte enderezo:

 

 

Apdo. de Correos, 3 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)

O Brasileiro e Xanelux (A Guarda)

 

 

5.- Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.

6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos gañadores.

7.- O Premio "Feliciano Rolán" de Poesía estará dotado con:

 

  PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa

  SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa

TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa

 

A Agrupación Cultural Guardesa concederá un accésit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2009.

8.- Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético que se celebrará na Guarda o martes 4 de agosto ás 9:30 da noite no Centro Cultural da Guarda. Non poden ser declarados desertos.

9.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o mércores 15 de xullo de 2015

10.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematado o fallo do Xurado.

11.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, que poderá publicalos cando o considere conveniente.

12.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.

 

A Guarda, 9 de xuño de 2015

 

 

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA

 

 

Este Premio está Patrocinado polo EXCMO CONCELLO DE A GUARDA.

Colabora: COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones