Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA ELIXE A F.J. COSTAS GOBERNA PARA SER HOMENAXEADO CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS 2016

O acto da homenaxe terá lugar o día 3 de xuño, venres, ás 9 da tarde no Centro Cultural da Guarda.

O acto da homenaxe terá lugar o día 3 de xuño, venres, ás 9 da tarde no Centro Cultural da Guarda.

Fecha: 06 de Mayo de 2016

Fuente: Agrup. Cultural Guardesa

A Agrupación Cultural Guardesa comunica que na última Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21 de abril resultou elexido para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2016, Fernando Javier Costas Goberna.

O seu nome está asociado ao coñecemento e divulgación dos grabados rupestres do Suroeste Galaico, con 1984 como data clave cando se publica en Vigo o monográfico "Petroglifos del litoral Sur de la Ría de Vigo", traballo que terá a súa continuidade principalmente na revista "Castrelos" do Museo Municipal "Quiñones de León" de Vigo e no Boletín "Glaucopis" do Instituto de Estudios Vigueses.

Participou na elaboración de diferentes traballos monográficos sobre arte rupestre en Galicia entre os que destaca "Grabados Rupestres de Galicia", con Pablo Novoa; "Arte Rupestre en Campo Lameiro", con Manuel Rey e Antonio de la Peña; "Grabados Rupestres en Galicia: Características Generales y problemática de su Gestión y Conservación", con Antonio de la Peña e Fernando Carrera; "Los Barcos de los Petroglifos de Oia", "As pedras e os xogos. A orixe dos taboleiros de xogo galegos."

A súa bibliografía abrangue tamén traballos sobre outras áreas xeográficas máis lonxanas, como "Aproximación al Arte Rupestre en las regiones del Orinoco", "La Figura Humana en los Grabados Rupestres del Continente Europeo", con José Manuel Hidalgo.

Participou activamente na difusión da Arte Rupestre Galega a través de colaboracións en diferentes medios de comunicación, congresos, coloquios, charlas, conferencias, visitas guiadas e exposicións. Na súa bibliografía mostra tamén o interés por outros temas como os de carácter etnográfico e histórico que se amosan en diferentes publicacións como "O muíño de Vento de Navia", con Elisa Pereira García, "Los Faros de Cabo Silleiro. Luces del Sur de la Ría de Vigo", con Manuel Expósito; "El Monasterio de Santa María de Oia y la guerra con Portugal en el siglo XVII".

O acto da homenaxe terá lugar o día 3 de xuño, venres, ás 9 da tarde no Centro Cultural da Guarda.

Falará sobre Fernando Javier Costas Goberna, Antonio de la Peña Santos.

Contaremos coa colaboración especial do grupo de clarinetes "Klason", da Agrupación Musical do Rosal, o Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e o Grupo Antorcha.

Colaboran neste acto o Concello de A Guarda, Concello de Oia e Deputación Provincial de Pontevedra.

A Guarda, 3 de maio de 2016
A PRESIDENTA A SECRETARIA
JULIA SOBRINO MARÍA SOLEDAD DIZ

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones