Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación Raiceiras organiza unha xornada multicultural para dar visibilidade e protagonismo á migración da Guarda

A participación é de balde e será o domingo 30 de outubro a partires das 12 da mañá na sede da Asociación Raiceiras, na Antiga Escola Unitaria de San Lorenzo, Avda de S. Lorenzo s/n, A Guarda.

A participación é de balde e será o domingo 30 de outubro a partires das 12 da mañá na sede da Asociación Raiceiras, na Antiga Escola Unitaria de San Lorenzo, Avda de S. Lorenzo s/n, A Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Octubre de 2022

Fuente: Asoc. Raiceiras

A Asociación Raiceiras - Acción Rural, co apoio do Concello da Guarda, realiza unha xornada multicultural con diversas actividades: showcooking e petiscos, unha conferencia, a proxección dun minidocumental realizado pola propia asociación e un obradoiro para crianzas.

 

A xornada, destinada a toda a poboación da contorna, ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor os saberes e experiencias das persoas migrantes en Galicia, de forma máis concreta, no Baixo Miño.

Realizarase a conferencia “Antirracismo para principiantes” a cargo do migrante indíxena Inalef Reyulma onde nos falará de boas prácticas, veciñanza e acollida á poboación migrante; de seguido teremos o Showcooking “Sabores do mundo”, onde integrantes da comunidade migrante da Guarda e concellos da contorna realizarán en vivo receitas propias dos seus lugares de orixe cunha posterior degustación para as persoas asistentes; pola tarde proxectaremos o minidocumental “Migración Galicia”, no que personas de diferentes orixes contarán a súa experiencia no noso país e outros aspectos da súa vivencia como migrantes. Por último, contaremos cun obradoiro para crianzas,cun pequeno contacontos e un mural sobre as culturas que quedará exposto na sede da asociación.

 

A participación é de balde e será o domingo 30 de outubro a partires das 12 da mañá na sede da Asociación Raiceiras, na Antiga Escola Unitaria de San Lorenzo, Avda de S. Lorenzo s/n, A Guarda.

 

Para calquera información pódese chamar ou enviar un whatsapp ao teléfono 644696925, enviar un correo a info@raiceiras.org ou contactar coa entidade a través das súas redes sociais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí