Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Aula Museo Antonio Fernández de Goián acolle este verán actividades para todo público

O interese polo pintor Antonio Fernández converte a Goián durante o verán, en centro de actividades artísticas para todo público

Entre as visitas previstas destaca a Ruta Artes e Oficios, con visitas concertadas aos estudos de artistas locais

Fecha: 19 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

As actividades culturais de verán da Aula Museo Antonio Fernández, de Goián, vanse consolidando cada ano que pasa. O interese espertado polas visitas aos estudos de artistas locais tomiñeses; as saídas de campo e fotográficas; as exposicións e as charlas sobre arte en xeral para público infantil e adulto, contribuíu á organización, un verán máis, de distintas actividades que veñen a sumarse ao xa tradicional Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, que este ano se celebra o domingo 19 de agosto, en Goián.

Dentro das actividades programadas para este verán, están as especificamente dirixidas a persoas adultas e outras, para nenos e nenas. Entre as primeiras destaca a Ruta Artes e Oficios. Trátase de visitas gratuítas concertadas con varios dos artistas locais, os xoves 12 e 26 de xullo (Lylilla Pobornikova, Nando Álvarez e Antúnez Pousa) e 9 e 30 de agosto (Pilar Alonso e Xuxo Vázquez) con saída dende a propia Aula-Museo Antonio Fernández, ás 20.30h.

ÉRASE UNHA VEZ... A ARTE: ARTISTAS DO MUNDO
Proxecto educativo que nace do convencemento de que a arte, ademais de ser unha parte importante da cultura e tradición, axuda a potenciar a imaxinación na infancia e as relacións interpersoais derivadas do traballo en grupo. Esta actividade, de balde, engloba unha serie de obradoiros que teñen a finalidade de dar a coñecer a vida e obra de persoas artistas destacadas na historia da arte, coma Picasso, Chagall, Kandinsky, Matisse ou Frida Kahlo, entre outras. Na Aula Antonio Fernández (Goián), as mañás dos venres do mes de agosto.

SAÍDA FOTOGRÁFICA ANTONIO FERNÁNDEZ
Unha das facetas coñecidas de Antonio Fernández era a de fotógrafo e moitas das imaxes que tomaba eran utilizadas logo como base para o traballo no estudo, no que creaba e remataba a maior parte das súas pinturas. Os nenos e nenas experimentarán a forma de traballar do pintor, escollendo as cousas ou paisaxes que máis lle chamen a atención, percorrendo os mesmos lugares que o artista goianés. Xoves 19 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, no Forte de San Lourenzo (Goián), para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

SAÍDA CADERNO DE ARTISTA ANTONIO FERNÁNDEZ
Unha das pezas máis singulares da Aula Museo Antonio Fernández é o caderno de debuxos de cando o pintor era pequeno; cadernos que sempre empregaría para, por exemplo, realizar bosquexos. Nesta saída, tamén de balde, os nenos e nenas deberán asistir con caderno e lapis para visitar algúns dos lugares favoritos do pintor e debuxar, tentando comprender a súa forma de traballar. Na Aula Antonio Fernández (Goián).


DESEÑANDO A NOSA EXPOSICIÓN
Obradoiro dirixido a aqueles nenos e nenas que participaron nalgunha das saídas, fotográfica ou de caderno de campo. A idea é que os propios nenos e nenas sexan capaces de deseñar e montar unha exposición cos traballos realizados, coñecendo dun xeito ameno e divertido todo o proceso que segue ata a inauguración da mostra. Esta estará aberta ao público do 25 ao 31 de agosto, na Aula Antonio Fernández (Goián).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí