Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A BARRIOFERENCIA SOBRE A HISTORIA DE -O CONVENTO DAS BENEDITINAS- ATRAE A DECENAS DE VECIÑOS E VECIÑAS

O encargado de presentar o acto foi Sr. Antonio Lomba, Concelleiro de Cultura. Lomba agradeceu a presencia a tódolos veciños e veciñas da localidade e deu paso ó Doutor en Historia, Villa Álvarez.

O encargado de presentar o acto foi Sr. Antonio Lomba, Concelleiro de Cultura. Lomba agradeceu a presencia a tódolos veciños e veciñas da localidade e deu paso ó Doutor en Historia, Villa Álvarez.

Fecha: 28 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A segunda "Barrioferencia" adicada á historia de "O Convento das Beneditinas" volveu a ser un éxito de asistencia. Decenas de veciños e veciñas da Guarda acudiron o pasado sábado ó restaurante "Os Remos" para coñecer, da man do profesor e historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, o modo de vida das relixiosas que habitaron o convento e as diferentes fases polas que pasou este emblemático edificio.

O encargado de presentar o acto foi Sr. Antonio Lomba, Concelleiro de Cultura. Lomba agradeceu a presencia a tódolos veciños e veciñas da localidade e deu paso ó Doutor en Historia, Villa Álvarez.

O historiador comezou explicando a vida nos mosteiros de diferentes ordes para finalmente centrarse en como foi a fundación do Convento das Beneditinas. Villa explicou que foron os irmáns Ozores de Sotomayor, os que levantaron este convento que levou o nome de "Monasterio de la Transfiguración del Señor". Precisando a historia por séculos -o convento levantouse no XVI -, Villa foi describindo os cambios que sufriu o convento, a dureza da vida monacal, as penurias económicas e as reformas do edificio ó longo da historia. A finais do século XIX, cntou, as Benedictinas foron expulsadas do convento e trasladáronse ó Convento de las Dominicas en Baiona.

Durante eses anos, explicou o profesor ó público presente, o Concello acondicionou o edificio para facer tanto unha escola masculina como feminina. Máis tarde a diocese intentou recuperar o convento, que xa era de titulación municipal. Neste punto o Concello permutou coa Igrexa o convento por uns edificios que na actualidade se coñecen por ser o antigo colexio "Sinde".

As relixiosas habitaron o edificio durante varios anos máis, pero continuaron a ter unha vida moi dura. A medida que as edificación foron crecendo, as monxas comezaron a atoparse incómodas pola súa vida de clausura, e decidiron abandonar este convento e trasladarse ó de Trasmañó, en Redondela.

Villa terminou a conferencia falando da venda do edificio no ano 1983. Despois unha familia de A Guarda comprou o antigo convento, e no ano 1991 o converteu nun hotel. Dous anos máis tarde se abriu o restaurante, "Os Remos", lugar no que o sábado, uns cincuenta guardeses sentáronse a escoitar a historia deste emblemático e histórico edificio.

A próxima cita coas "Barroferencias" será o sábado 9 de maio. Nesta data Antonio Rodríguez Portela e Manuel Ángel Álvarez, serán os encargados de mostrar a historia de "O Coto de Camposancos", no local da Sociedade "Los Amigos de Camposancos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones