Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Biblioteca da Guarda presenta e dá a benvida a Heraldo, a súa mascota

Este sábado, 22 de outubro, os guardeses e as guardesas que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.

Este sábado, 22 de outubro, os guardeses e as guardesas que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.

Fecha: 25 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este sábado, 22 de outubro, os guardeses e as guardesas que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.

Deste xeito deuse a coñecer o deseño escollido entre os presentados ao Concurso "Mascota da Biblioteca", unha das principais novidades da campaña para o fomento da lectura no público máis xove da Guarda que leva por nome "Vive a Biblioteca 2016/17".

Entre a variedade de propostas presentadas resultou vencedora a realizada por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero, que representará á Biblioteca e acompañará todas as actividades e iniciativas que dende ela se promovan.

Coincidindo coa primeira data dos Contos Contados deste pasado sábado, ademais de presentar en publico á mascota, se lle fixo entrega aos seus creadores do premio como parella gañadora do certame: un lote de libros e un agasallo doado pola copistería "COPISTERIUM". Ademais, fíxose un Photocall que estará durante todo o ano para que todo o que o desexe poda fotografarse xunto á mascota. Tamén, tras a entrega do premio ós gañadores do concurso, houbo un conta contos e un obradoiro no que os nenos e nenas participantes fixeron un libriño a semellanza de Heraldo.

A programación dos Contos Contados, que se estenderá ata o fin de curso, continuará a vindeira fin de semana, concretamente o sábado 29 de outubro ás 11:30 h., nunha nova data que contará con máis conta contos, adicada nesta ocasión á celebración do Samaín.

Dende o Concello da Guarda anímase a todas as familias a achegarse os sábados ás citas cos Contos Contados que amenizarán as fines de semana na Biblioteca ata o mes de xuño, con conta contos e moi diversas actividades e entretementos para toda a familia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí