Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa -Biblioteca Solidaria-

A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas

A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas

Fecha: 27 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).

Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.


Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones